A Guarda e Póvoa de Varzim: o irmanamento oficial entre os dous pobos, cada vez máis preto
Luís Diamantino Carvalho Batista e Aires Henrique do Couto Pereira recibiron na Câmara Municipal de Póvoa de Varzim a Antonio Lomba Baz e Mª Montserrat Magallanes Álvarez
Foto: C.A.G.
Infogauda / Póvoa de Varzim / A Guarda
Como informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, en datas recentes representantes
da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, que preside Joaquín Cadilla Castro, fixeron
unha proposta propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o
Irmanamento de A Guarda con Póvoa de Varzim. A iniciativa foi ben recibida polos representantes dos dous municipios, motivo polo cal comezaron os trámites para facer efectivo ese
irmanamento, que fixará as bases para futuras accións conxuntas entre os dous concellos.
Dese xeito, esta semana, concretamente o mércores día 5 de febreiro de 2020, segundo ven de facer público no día de hoxe, o executivo municipal guardés, representantes municipais de ambos os concellos reuníronse na Câmara Municipal de Póvoa de Varzim (Portugal) para iniciar os trámites cara ao seu irmanamento.
Nesa xuntanza oficial estiveron presentes o alcalde do Conclelo de A Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado pola tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, e en representación da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, seu presidente, Aires Henrique do Couto Pereira e o vicepresidente, Luís Diamantino Carvalho Batista.
A vinculación existente entre os dous municipios remóntase a moitos anos atrás, principalmente a través da actividade pesqueira, onde os mariñeiros refuxiábanse dos temporais de inverno cando saían a faenar nos portos destes municipios, establecendo fortes lazos de amizade e mesmo familiares, destacando moitos nexos de unión coma as marcas dos mariñeiros, os ditos e cancións populares ou a gran devoción, que ao igoal que os guardeses, os mariñeiros da Póvoa de Varzim profésanlle á mártir Santa Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario