15 de xan. de 2020

A GUARDA

PARA O IRMANAMENTO ENTRE PÓVOA DE VARZIM E A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PIUEIRO PROPÓN O COMEZO DO PROCEDEMENTO 
 
Joaquín Cadilla Castro - a esquerda da imaxe -, co regatista Javier de la Gándara, e varios membros da directiva de Pueiro

 
Infogauda / A Guarda  

 Despois de haber mantido diversas conversas nos actos que o longo do ano se celebraron entre os dous concellos [Póvoa de Varzim e A Guarda, e viceversa], dende PIUEIRO consideramos que é o momento para dar inicio o expediente nas dúas localidades, dixo a este xornal dixital transfronteirizo, Celso Rodríguez Fariñas, secretario da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda.

 O fío desa realidade incuestionable, Piueiro ven de tomar a iniciativa de presentar a correspondente proposta no Concello de A Guarda, a cal tivemos acceso, e que dí o seguinte: 


EXPEDIENTE DE IRMANAMENTO ENTRE A GUARDA E POVOA DE VARZIM      

 Quen suscribe, en calidade de Secretario desta Asociación, e por encargo do Presidente de PIUEIRO, Joaquín Cadilla Castro, vimos a presentar ante o Rexistro Xeral do Concello de A Guarda, o seguinte escrito:  

 O longo do tempo, os tratos de veciñanza, compartindo ambos, as mesmas angurias e as mesmas alegrías de chegar con peixe ou habendo superado unha galerna, ten levado que os nosos mariñeiros, haxan anclado e feito fraternidade con mariñeiros de bastantes portos de Portugal.  

 Así mesmo, a compra de prendas de vestir e de galantear cas súas namoradas, circularon o longa da historia entre A Guarda e eses portos ou viceversa.  

 As artes, sempre foron similares cando non idénticas, e debemos recordar, a cantidade de veciñas nosas que de maneira natural se desplazaban a ditos portos a facer ou entrallar redes, quedando moitas alá o casarse cún mariñeiro desas localidades.  

 A quén lle estraña que no noso pobo haxa familias ancoranas, penicheiras ou poveiras? Se non nos toca na familia, os temos á beira da casa, foron compañeiros de estudos ou de “pandilla” ¿buscamos nos apelidos? O Atlántico e o Miño, nos deron unha unión que non foron capaces de romper os gobernos, poñendo aduanas e fronteiras.  

 No caso que nos atañe, debemos ter en conta, a proxección dos traballos feitos por Antonio Santos Graça, Manoel Lopes, Eliseo Alonso, Ricardo Rodríguez, Antonio Ferreira e outros,  como a exposición que no ano 1983 levou a cabo a Comisión de Festas do Monte sobre as “MARCAS MARIÑEIRAS”. 

 Cando xurdiu a idea de crear unha asociación de Embarcacións Tradicionais, e así, toma forma e escomenza a andar “PIUEIRO”, e non só para poñer en marcha unha asociación calquera, senón para recuperar o máximo posible da nosa tradición, libros, fotos, libretas aparellos, ferramentas, e demais utensilios vinculados a vida do mar, recollendo marcas en colaboración con ANABAM, e outras moitas ideas, que inmediatamente puxemos en marcha, pero tamén apareceu entre elas, a de estudar a posibilidade da construción dunha embarcación tradicional nosa, presente somentes nas fotos e nos relatos dos nosos avós, cando o tivemos claro, o modelo a copiar,  foi volver a desenrrolar, unha das nosas lanchas desaparecida fai máis de 100 anos, e para iso, recurrimos o diseño do “FE EM DEUS”, a lancha do alto, que era irmán del nas nosas costas, o volanteiro, bautizado co nome da asociación “PIUEIRO”, todo canto precisamos, fotos, medicións, apoio moral, todo e moito máis, o recibimos do mestre, do Museu, da Biblioteca, e da Cámara, tódalas portas que petamos, todas estiveron para acollernos, axudarnos e potenciarnos.  

 A presenza do “FE EM DEUS” no noso porto, foi algo que se deu bastantes veces, a presenza da súa tripulación na Romaría do 23 de setembro adicada a Santa Trega, en 2018, todos co atuendo típico da xente do mar e decorado cas marcas mariñeiras, manifestaban a similitude e conexión entre estes dous pobos, especialmente a beira da placa existente fronte a capela, en recordo da que había fai moitos anos.  

 Quero resaltar algunhas das distintas actividades conxuntas levadas a cabo entre a nosa asociación e a Cámara de Póvoa de Varzím, asistencia de ranchos, degustación de dulces típicos, participación no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, ou as exposicións con material mariñeiro das dúas localidades en Póvoa [de Varzim], A Guarda e no Museo do Mar de Vigo, así como algunhas que xa estamos organizando cara este 2020, ou o estudo da posibilidade de desplazar o PIUEIRO ata a Póvoa neste trimestre, para que a primeira navegación oficial, sexa a visitar o “FE EM DEUS”.

 Por todo o exposto, vimos a solicitar do Sr. Alcalde, para que faga partícipes os demais Grupos Municipais da nosa solicitude, se constitúa unha Comisión Organizadora, e se elabore unha Proposta para que sexa levada a Pleno, para a súa aprobación e se dé inicio as conversas ca Cámara da Póvoa de Varzím, para desenrrolar o Expediente e Protocolo preciso para que sexa realidade de IRMANAMENTO ENTRE A GUARDA E  PÓVOA DE VARZIM. 

A Guarda, a 13 de Xaneiro de 2020     

Celso R. Fariñas 
Secretario de PIUEIRO        

Sr. Alcalde-Presidente 
Sres. Concelleir@s da Corporación Municipal 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario