7 de feb. de 2020

A GUARDA

Talleres sobre prevención das condutas aditivas no  IES A Sangriña     



Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende xaneiro está levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no I.E.S A Sangriña de A Guarda  (Pontevedra). 

 Trátase do programa denominado Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.  

 A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.  

 Esta acción está dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, ofrece de forma altruísta e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.  

 Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario