CULTURA MARÍTIMA
A LANCHA POVEIRA DO ALTO "FÉ EM DEUS", ARRIBOU O PORTO GUARDÉS
· Unha delegación de Póvoa de Varzim visita A Guarda para á inauguración da exposición Marcas de Pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda
· E tamén para participar na romaría de Santa Trega
A Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus" entrando hoxe no porto de A Guarda
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
As comunidades de pescadores de Póvoa de Varzim (Porrtugal) e de A Guarda (Galicia), manteñen desde tempos antigos unha relación que podemos denominar de boa veciñanza. Ademais diso, ambas comunidades teñen idénticos substratos culturais que permanecen o longo dos tempos e que compre preservar do mellor xeito posible. Alomenos no caso que nos corresponde, xa que Póvoa de Varzim ten os deberes feitos desde fai anos, como pode comprobarse no seu Museo Municipal de Etnografía de Historia e na Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus".
Tal e como oportunamente salientou João Feiteira (Póvoa de Varzim, 1925), a José Peixoto «a lancha poveira do alto é um barco de boca aberta, de quilha, roda de proa e cadaste. Arma uma grande vela de pendão de amurar à proa. Como não dispõe de patilhão, um leme alteado assegura essa função.
A “Fé em Deus” foi reconstruída segundo normas e modelos tradicionais locais e representa uma das últimas lanchas poveiras a ir ao mar na década de cinquenta do século passado.
O início da construção deu-se a 27 de Fevereiro de 1991, com o levantamento da quilha no picadeiro e o bota abaixo, a 15 de Setembro do mesmo ano”, recorda João Feiteira, construtor da Lancha Poveira. E acrescenta: “embora o Alberto Marta e o Silva Pereira se tivessem envolvido no projecto, Manuel Lopes foi grande mentor e impulsionador da construção da construção da embarcação (...)».
E como xa dixemos en ocasións precedentes, a primeira singradura da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", foi desde Póvoa de Varzim á Guarda, en outubro de 1991 sendo recibidos seus tripulantes por membros da Agrupación Cultural Guardesa, polo escritor, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, polos compoñentes do Grupo de Gaitas Os Petóns, e veciños de A Guarda.
Desde aquela oportunidade, a Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", ten arribado o porto de A Guarda en diferentes ocasions, e unha das máis recentes - entre outras - foi con motivo da conmemoración do 25 aniversario da súa botadura, en outubro de 2017. Daquela a tripulación poveira foi recibida no porto guardés polo vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, Luis Diamantino; o director da Biblioteca Municipal, Manuel Costa; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Comercio e Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez.
NOVA VISITA DA LANCHA POVEIRA DO ALTO "FÉ EM DEUS"
O alcalde de A Guarda saudando a Luis Diamantino, vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim en presenza das concelleiras Montserrat Magallanes e Mª Teresa Vicente, e do tamén concelleiro e secretario de Piueiro, Celso R. Fariñas
E neste sábado día 22 de setembro de 2018, longo dunha travesía que comezou ás 05:00 da mañá (hora portuguesa), e coa compaña dunha néboa o longo de todo o periplo, a Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", arribaba de novo o noso porto arredor das 13:15 (hora galega), sendo recibida con unha salva de foguetes e o son das buguinas - unha situada pola Asociación Cultural de Embarcacions Tradicional Piueiro, no dique do Balueiro, e outra a bordo dunha embarcación que lle saiu o encontro - e xunto con outras máis, entre elas, varios bateis do Club de Remo Robaleira, e tamén embarcacions de particulares, chegou o Muelle Alto, onde se atopaban Luis Diamantino, vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, as concelleiras Montserrat Magallanes Álvarez e Mª Teresa Vicente Baz, o 1º tenente de alcalde Miguel Ángel Español Otero, así como a directora do Museo da Póvoa de Varzim, Deolinda Carneiro; o arqueólogo municipal de Póvoa de Varzim, José Manuel Flores Gomes, e varias persoas procedentes da cidade poveira e por suposto, unha representación da xunta directiva de Piueiro, formada por Celso R. Fariñas, Agustín Ferreira Lorenzo,..., entre outras persoas, e tamén veciños do municipio guardés.
Recibimento a "Fé em Deus"
A bordo da "Fé em Deus", viñeron un total de 21 tripulantes (17 poveiros e 4 guardeses, entre eles o vice-presidente de Piueiro José Benito Rodríguez González, e a productora de cinema, profesora e compoñente de Proxecto Socheo, Beli Martínez).
No peirao os tripulantes foron recibidos con aplausos e coa ledicia de voltar a ter unha delegación poveira no noso pobo. Deseguido Luis Diamantino e Antonio Lomba, subirían a bordo para saudar ao patrón a darlles á benvida a todos eles.
Foto de familia de autoridades e representacions poveiras e guardesas, cos tripulantes da "Fe em Deus"
Despois virían os parabens e os saúdos das persoas que lles agardaban no Muelle Alto e que lles preguntaron como había sido a travesía. Houbo unha total unanimidade, xa que salientaron que todo transcorreu con normalidade, agás é presenza constante da néboa, e por conseguinte a falla de vento, o cal obrigoulles a empregar o motor auxiliar. De haber tido vento, o tempo empregado na singradura hubera sido sensiblemente inferior.
Logo de fondear a Lancha Poveiro do Alto no porto de A Guarda, os tripulantes, acompañados polas autoridades municipais e directivos de Piueiro achegáronse a un restaurante da rúa Fernández Albor, onde posteriormente tería lugar un xantar de convivencia entre poveiros e guardeses.
Compre salientar que á delegación poveira participará na tarde deste sábado, ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso, na inauguración da exposición Marcas de Pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda e mañá domingo asistirá a celebración da festividade de Santa Trega.
O retorno para Póvoa de Varzim está previsto para ás 16:00 h., de mañá domingo día 23. Compre salientar que nesa travesía, ademáis dos 17 tripulantes poveiros irán tamén 4 tripulantes guardeses, membros de Piueiro.
Rematamos esta crónica suxerindo que a Corporación Municipal de A Guarda vaia pensando na posibilidade de comezar o procedimento para o irmanamento coa cidade de Póvoa de Varzim. Coidamos que sería un bó xeito de rubricar unha andaina marítima e de relación entre dous pobos que ven de moi lonxe e na que ainda quedan moitas singraduras de labor cultural a compartir e explorar.
GALERÍA DE IMAXES DESTA ARRIBADA DA LANCHA POVEIRA DO ALTO "FÉ EM DEUS" O PORTO DE A GUARDA
GALERÍA DE IMAXES DESTA ARRIBADA DA LANCHA POVEIRA DO ALTO "FÉ EM DEUS" O PORTO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario