18 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

Gran final para o Atletismo Trega, no  Xogade –  Campionato de Galicia de campo a través celebrado en Portas

Co resultado dunha prata e dous bronces (un individual e outro por equipos)

A esquerda da imaxe, Álex Sierpes Pereira no podio coa súa medalla de prata, na categoría Sub 14 masculina
Uxía, Antía, Lara, Marcela, atletas Sub16 femenino, que acadaron a medalla de bronce por equipos



Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega 

 Na mañá do sábado día 15 de febreiro, celebrouse na azucreira de Portas, cun circuíto duro e con forte vento, o Campionato Galego Escolar 2020, ao que levamos a 13 atletas.

 Os resultados máis destacados foron:  

 A prata, veu a cargo de Álex Sierpes Pereira, onde en toda a proba mantívose co grupo de cabeza de carreira, cedendo o primeiro posto con tan só 2 segundos. O seu percorrido foi de 2.500 metros parando o crono en 8´26", sendo el o primeiro atleta do seu ano nesta proba de Sub 14 masculina. 



Marcela Morgado Rodríguez - a dereita da imaxe - no podio coa súa medalla de bronce na categoría Sub 16 feminina
 

 Un dos dous bronces que o club conseguiu, foi grazas a Marcela Morgado Rodríguez, que se enfrontou a 3.000 metros na categoría de Sub 16 feminina
 
A dereita da imaxe, as atletas do equipo Sub 16 feminino, que acadaron a medalla de bronce por equipos
Equipo Sub 16 feminino, formado por Marcela, Uxía, Antía e Lara


 Coas ideas moi claras e sen medo, Marcela Morgado saíu desde a meta como un mísil en 3ª posición onde a 4ª non lle puido seguir o seu ritmo. Morgado acabou cun tempo de 10´52", sendo a 1ª do seu equipo, onde xunto coas súas compañeiras Uxía Rodríguez Huertas, que con un crono de 11´38", quedou en 12ª posición (toda unha pena que durante a noite estivese malita e non puidese competir ao 100%) pero aínda así non abandonou ao seu equipo. A seguinte do grupo foi Antía Rodríguez Otero, que con un tempo de 12´12", acadou o posto 24º, e pechando o grupo Lara Rodríguez, que con un tempo de 13´22", quedou clasificada no posto  35º. Dese xeito sumaron 23 puntos, quedando a 6 puntos das segundas clasificadas, conseguindo o segundo bronce do día. 

Na imaxe, parte dos atletas e adestradores desprazados a Portas


 Estamos orgullosos por todos e cada un dos resultados, pero sobre todo polo bronce por equipos porque é a primeira vez na historia do club que un equipo da Sociedade Atlética do Trega consegue un título nos Campionatos Galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario