18 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

MEDALLA DE BRONCE E RÉCORD GALEGO, PARA MILU RODRÍGUEZ BAZ, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA

NO  XXV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN ROTEIRO MÁSTER – 40 EN 20 KM 
 
Milu Rodríguez Baz, no podio do XXV Campionato de España Máster de marcha de 20km, coa súa medalla de bronce

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Na localidade de Torrevieja (Alacante) celebráronse varios campionatos conxuntos que foron os seguintes: LXXXVII Campionato de España en Roteiro de 50km, XXV Campionato de España Máster de marcha de 20km e o Campionato de España de marcha por federacións Sub 20 e Sub 16. 

Milu Rodríguez Baz, entrando na liña de meta en 3ª posición

Milu Rodríguez Baz, en Alacante, logo de recibir súa medalla de bronce, coa bandeira de Galicia

 A nosa valente atleta Milu Rodríguez Baz, desprazouse ata alí para por primeira vez probar marchando no 20km, e a verdade, é que lle saíu xenial quedando 3ª, parando o crono en 2 h.03´50", pero non lle chegou, que conseguiu traerse para casa un récord galego, lucindo as cores do club Sociedade Atlética do Trega. 

 Estamos moi orgullosos. Parabens.

Ningún comentario:

Publicar un comentario