30 de xan. de 2020

TURISMO

XEIRA ALEN MIÑOR XV   

O RIBEIRO (2º PARTE), 28 MARZO 2020  

Concellos de Castrelo de Miño, Toén, Ribadavia e Leiro


 IEM / Gondomar

 O vindeiro 28 de marzo realizaremos e compartiremos unha nova Xeira Alén Miñor polas terras de O Ribeiro.  

Itinerario aproximado  

Santa María de Castrelo de Miño  

 Situada nun enclave extraordinario, dominando o encoro de Castrelo de Miño. A ábsida e maila torre son as partes máis antigas (Sec. XII). No interior as pinturas murais renacentistas resaltan considerablemente.  

Santa María de Astariz (Sec. XVIII)  

 No seu interior conserva valiosos retablos de Salvador Carmona (1748) doados polo conde de Troncoso, verdadeiro mecenas da comarca.  

Castelo dos Sarmiento, Centro de Interpretación Xudea de Galicia   

 Dous dos lugares máis representativos da vila. O Castelo (Sec. XV) cunha necrópole altomedieval de gran valor, e o Cixga, o museo de referencia en Galicia sobre a historia dos xudeus nestas terras.  

Museo do Viño de Galicia   

 Situado na Reitoral de Santo André de Camporredondo, edificio do século XVIII, antigo priorado para a explotación vitícola, dependente de San Martiño Pinario. Acolle a historia das cinco denominacións de orixe de Viño de Galicia, ademais de agochar dous espazos excepcionais como son a adega e os lagares.  

Paseo á beira do Avia desde San Clodio ata Leiro  

 Cunha Ponte medieval declarada Ben de Interese Cultural ata Leiro por un tramo do sendeiro do Avia.
     
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA  GUÍA PRINCIPAL: NOEMÍ  ÁLVAREZ (XEITURA, historiadora da arte)  

SAÍDA DO AUTOCAR. Sábado: 8:00h de Gondomar, desde a explanada do Pavillón de deportes.  

CHEGADA: As 9.30 horas o mesmo lugar de partida.  

 Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.  

 Prazas mínimas :35   

 Aberto o prazo de inscrición até un total de 56 prazas. Non se reserva praza até que estea aboada a xeira.   

 As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma. 
• PREZO SOCIOS/AS:  45 euros. 
• PREZO NON SOCIOS/AS:  50 euros. 
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164 

 O prezo inclúe a viaxe en autobús, xantar, seguro, as visitas e guías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario