30 de xan. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"O CAMIÑO AGUÁRDATE"

Os comuneiros de Camposancos agradecen á participación nas Xornadas medio ambientales  

Enmarcadas no programa O Teu Xacobeo

Na imaxe, un grupo de voluntarios que participaron nas xorndas medio ambientais, atenden ás informacións que lles ofrecen os comuneiros de Camposancos 
Fotos: C.MM.VV.M.C. de C.

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 Ven de desenvolverse a primeira das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

 Logo do éxito de participación nas primeiras actividades programadas, o presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez, fixo á seguinte valoración:

 “A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos queremos agradecer ao Concello de A Guarda e A Jalleira AFEA,  Asociación Forestal de Educación Ambiental sen ánemo de lucro, formada por mozas e mozos da contorna, en colaboración co Xacobeo ao abeiro da campaña "O Camiño aguárdate", que a pasada fin de semana, días 25 e 26 de xaneiro, organizaron unhas xornadas medio ambientais, co fin de mellorar e embelecer un tramo do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo Monte Trega no tramo que vai desde O Aloque ata A Sangriña.  

Na imaxe unha das zoas do Monte Santa Trega, correspondente á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, onde logo de erradicar ás especies invasoras, foron plantadas árbores nobres


 Sumáronse dous grupos de 25 personas voluntarias, incluso nenos, que cada día, iniciando na Pasaxe, Camposancos, unha andaina na que os técnicos de A Jalleira e do Concello foron comentando a historia e os valores ecolóxicos do pequeno tramo polo que camiñamos, ata a zona onde se realizaron os traballos de eliminación de especies invasoras e plantáronse 200 árbores frondosas e frutais variados: acivros, castiñeiros, cerdeiras, freixos, madroños, pereiras, sobreiras  e oliveiras. 


A dereita da imaxe, trazado do Camiño Portugués pola Costa o seu paso pola aba do Monte Santa Trega onde foron eliminadas especies invasoras

 Seguro que pronto os peregrinos agradecerán e disfrutarán o seu paso por esta aba do Trega, comendo algunha froita arrincada da árbore.   

 O remate de cada xornada A Jalleira convidounos a un bocadillo, froita e auga.  

 Unha vez mais nosa gratitude ao Xacobeo, ao Concello, e A Jalleira (AFEA) e a todas as personas voluntarias que participaron en estas xornadas e enriqueceron o patrimonio forestal do Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario