A case totalidade da poboación da Guarda contará con fibra óptica
Antes do remate de 2021
Infogauda / A Guarda
O Plan de Banda Larga 2020 está a promover no concello da Guarda os despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, que permitirán dispor de fibra óptica nos principais núcleos de poboación do municipio. Así o ven de facer público o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz.
En concreto na Parroquia de Santa Isabel de Camposancos contarán con este servizo os núcleos de poboación de Bouza da Fonte, A Granxa, A Pasaxe, Praias, Sáa e Salgueiró. Na Parroquia de Santa María da Guarda os núcleos do casco urbano e Santa Trega e na parroquia de San Lourenzo de Salcidos os núcleos de poboación de Buxán, O Castro, Coruto Vello, A Cruz, Funchidos, A Gándara, A Longra, Os Casás, Netos, O Outeiro, A Portela, Salcidos e Sete Camiños.
Nunha primeira fase deste programa foi a operadora R a que fixo o despregamento. A segunda fase, que se está a executar na actualidade e que rematará no 2021, está a ser executada por Telefónica.
Este despregamento de fibra óptica permitirá á poboación guardesa dispor, na case totalidade do municipio, dunha rede de internet ultrarrápida, coa que poder ter un acceso de calidade, fiable e seguro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario