21 de xan. de 2020

LABORAL

Previsións CIG-Vigo

Para este mércores 22 de xaneiro



 CIG / Vigo

 Estas son as previsións da CIG de Vigo para este mércores 22 de xaneiro:  

· De 9:00 a 9:30 horas: concentración solidaria cos bombeiros de Vigo nos xulgados da rúa Lalín coincidindo coa celebración do xuízo no que se dirimirá o contencioso administrativo presentado pola CIG contra os servizos mínimos decretados polo Concello para a folga convocada no servizo dende hai meses.  

· 11:00 horas: concentración da CIG-Industria para rexeitar o despedimento do delegado sindical da central na empresa Odefri (rúa Ricardo Mella, 125, Coruxo).


Ningún comentario:

Publicar un comentario