22 de xan. de 2020

EMPREGO

Convocatoria e bases para prover por concurso-oposición unha praza de condutor con carácter interino para a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño

 
Concello A Guarda

 A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do actual titular.  

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA E CARACTERÍSTICAS DA PRAZA 

a) É obxecto da presente convocatoria a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do actual titular e aquelas outras que na plantilla de condutores da MIBM poidan ter lugar. 

b) A praza configúrase como persoal temporal para substitución da baixa dos titulares das prazas. 

c) As características do posto son: 
Clase: persoal laboral temporal interino. 
Nivel de titulación mínimo esixido: Graduado escolar , ESO o equivalente. 
Grupo: D 
Nivel: 14 
Xornada: A tempo completo. 
Retribucións: As que figuran no orzamento da Mancomunidade do Baixo Miño.  

Funcións: 

 Entre as funcións a desenvolver están a condución de vehículos e maquinaria da MIBM que a continuación se citan, e realizar o mantemento mecánico básico e conservación dos vehículos, así como na condución de maquinaria pesada que a MIBM estime oportuna, como camións, tractores con apeiros axustados, etc.  

 En todo caso serán obrigas do condutor a condución da seguinte maquinaria de titularidade da MIBM: 
.-pala retrocargadora. 
.-camión basculante. 
.-pala motoniveladora.  

2ª.- CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES: 
a) Ser español/a ou nacional dalgún estado membro da UE, de conformidade co previsto no artigo 1 da Lei 17/1993, de 23 de decembro. 
b) Ter cumpridos 18 anos de idade. 
c) Estar en posesión del Título de Graduado Escolar, E.S.O. o equivalente, tendo que presentar fotocopia acreditativa do mesmo. 
d) Estar en posesión del permiso de conducir Tipo C 
e) Estar en posesión del Certificado de Aptitude Profesional (CAP) en vigor a dia de la fecha debendo aportar una fotocopia del mesmo. 
f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o exercicio das súas funcións. A persoa seleccionada terá que presentar antes da sinatura do correspondente contrato e no prazo de dous días dende a proposta do Tribunal o correspondente certificado médico. 
g) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, comunidade autónoma ou administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas. 
h) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente. 
i) Estar en posesión do título da lingua galega nivel perfeccionamento, ou CELGA 4 ou dos estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística. Os/as aspirantes que non estean en posesión da devandita titulación deberán realizar unha proba sobre o coñecemento da lingua galega. 

 Os extremos contidos nos apartados a) e b) acreditaranse con fotocopia compulsada do documento nacional de identidade; os do apartado c) d) e) I) con fotocopia compulsada do título legalmente expedido ou certificación acreditativa; o do apartado f) a través de certificado médico oficial (só para a persoa seleccionada), sen prexuízo de superar o oportuno recoñecemento médico; os do apartados g) h) mediante declaración xurada ao efecto.

 Máis información e bases completas aquí: Ver Bases

Ningún comentario:

Publicar un comentario