Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2020
Fonte: Concello A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de 3 anos, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00 horas, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 610 000 ext.4020
Ningún comentario:
Publicar un comentario