3 de xan. de 2020

A GUARDA

O Belén de Generoso Cadilla Lomba xa é unha tradición no Nadal mariñeiro

Pódese visitar,  preferiblemente en horario de tarde, ata o domingo día 12 de xaneiro

De esq. a der.: María Montserrat Magallanes Álvarez, Generoso Cadilla Lomba e Antonio Lomba Baz, visitando o belén
Fotos: C.A.G.  

Infogauda / A Guarda 

 A contorna portuaria de A Guarda, xa de por sí fermosa en calquer estación, ten nestas datas de Nadal un atractivo máis grazas á iniciativa de Generoso Cadilla Lomba, que ano a ano monta un Belén artesanal nos baixos da súa casa, no nº 48 da Rúa do Porto.  

 No día de onte xoves día 2 de xaneiro o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes, visitaron ese Belén, dando os parabéns a Generoso Cadilla por tan admirable traballo.


Vista parcial do belén de Generoso Cadilla Lomba


 A tradición chega xa ao seu oitavo ano, aínda que este belenista leva máis de 10 facendo un belén de Nadal para a súa familia, ao igual que na Residencia San Telmo das Hermanitas dos Ancians Desamparados, na rúa Antero Rubín, nº 14, de Tui, onde Generoso Cadilla ten a unha irmá nesa congregación relixiosa.  

 Case a totalidade do belén está confeccionada a man, con materiais de refugallo e con moita imaxinación. Cada ano, a principios do mes de novembro, o baixo da súa casa convértese nun obradoiro no que comeza a perfilar como será o belén dese Nadal. Este ano ten moitas sorpresas, con varias pezas móbiles, entre as máis de 200 que compoñen esta instalación - con arquitectura tradicional en pedra e cubertas de tella do país, enxeños hidráulicos e eólicos,... - e un gran río de auga, que do Leste ao Oeste atravesa o belén. 


Na imaxe algunhas das construccións que evocan á nosa arquitectura tradicional


 Un ano máis decidiu recibir donativos para a Asociación SOS Tomiño-Baixo Miño destinados á compra de alimentos para as familias necesitadas, idea que xurdiu fai uns anos, dun dos seus netos.  

 O belén pódese visualizar dende a cristaleira do baixo do inmoble, ainda que tamén pódese acceder, preferiblemente en horario de tarde durante a época de Nadal, ata o vindeiro domingo día 12 de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario