Os Reis chegan este 5 de xaneiro cargados de novidades
Para recuperar as tradicións festivas do Rosal
De esq. a der.: Ánxela Fernández, alcaldesa do Concello do Rosal e Sara Vicente, concelleira de Cultura, na presentación da Cabalgata de Reis
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís ven de comunicar a redacción deste xornal dixital transfronteirizo as actividades que se celebrarán no Rosal durante o vindeiro domingo 5 de xaneiro con motivo da Cabalgata de Reis, que este ano conta con importantes novidades co obxectivo de recuperar as tradicións festivas do municipio.
Deste xeito, este ano os paxes reais serán os encargados de visitar en moto os barrios para anunciar a chegada dos Reis Magos, haberá Cantos de Reis e as Súas Maxestades chegarán ao Rosal por primeira vez montados en cabalos de pura raza galega. Ademais, durante toda a tarde haberá actividades na Praza do Calvario para pasar unha tarde de lecer en familia.
Todas as actividades están organizadas polo Concello do Rosal coa inestimable colaboración das asociacións locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario