3 de xan. de 2020

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO MÉRCORES 8 AO VENRES 10 DE XANEIRO DE 2020 

Mércores, 8 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da exposición "COR, FORMA: ESES MISTERIOS", de Amparo Salgueiro cunha obra moi diversa coa que a artista pontevedresa trata de responder á súa necesidade de crear, buscar e plasmar a súa forma de entender a beleza. 

 A pintura de Amparo Salgueiro ten en común a unión de cores e tons sen que ningún  ensombreza aos demais, todos con vida e luz propia convivindo de forma harmoniosa e realzando o conxunto de cada lenzo cun resultado vibrante.  

 A mostra  "COR, FORMA: ESES MISTERIOS" poderá visitarse na Casa de Galicia  ata o 31 de xaneiro de 2020; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.  

Xoves, 9 
19:30 horas 

 Inauguración da exposición de pintura "GALICIA: NATUREZA VIVA E COLORISTA", do pintor pontevedrés Laureano Troitiño na que o artista ofrece cun estilo realista unha colección de óleos sobre lenzo con imaxes nas que plasma a paisaxe de costa aínda que tamén recrea o de interior. A temática máis recorrente na súa obra é a natureza viva, en especial a da súa contorna.  

 A traxectoria pictórica de Laureano Troitiño Cachafeiro ten dúas etapas claramente diferenciadas. A primeira é de estilo realista ortodoxo mentres que a segunda é máis vangardista innovadora e creativa con trazos surrealistas pero sen perder as raíces.  

 A mostra "GALICIA: NATUREZA VIVA E COLORISTA" poderá visitarse na Casa de Galicia  ata o 31 de xaneiro de 2020; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario