25 de xan. de 2020

A GUARDA

Para levar a bo termo unha vella aspiración veciñal 


O concello de A Guarda avanza cara o irmanamento oficial co seu homólogo de Póvoa de Varzim 

De esquerda á dereita: Joaquín Cadilla Castro, Celso Rodríguez Fariñas, José Benito Rodríguez González, Antonio Lomba Baz e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, ao comezo da xuntanza de onte na Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G. 


Infogauda / A Guarda

 Unha vella aspiración, compartida entre veciños de Póvoa de Varzim (Portugal) e de A Guarda (Galiza), é o irmanamento institucional entre os dous concellos, que porá o broche de ouro a unha antiga e vixente relación entre poveiros e guardeses que retrotráese a varios séculos. De feito, esa fermosa relación de amizade e de veciñanza - que nin siquera a falla de liberdades propiciada polas dictaduras que houbo tanto en Portugal como en España, lograron impedir - non é nada novo, e mesmo está documentada históricamente. Esas son algunhas das razóns pola cales, a xunta directiva da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda, que desde súa fundación - fai dous anos - tanto ben ten feito, sobor de todo no ámeto da recuperación do Patrimonio Marítimo; ten unha estreita comunicación e recíproca colaboración directa, con representantes da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim e coas súas principais institucións culturais (Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim e Biblioteca Municipal Rocha Peixoto, respectivamente). O exemplo máis recente no tempo é o volanteiro Piueiro, irmán xemelgo, podemos decir, xa que súas características son prácticamente idénticas, da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus".

 Por iso, os activos membros de Piueiro decidiron en boa hora, impulsar o comezo do correspondente procedimento cara a un irmanamento oficial entre á Câmara Municipal poveira e o Concello guardés. A ese respecto, todo hai que decilo, a acollida a esa proposta, non pudo ser mellor. De tal xeito que segundo ven de facer público o executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, “os dous concellos acordan que os máximos mandatarios se reúnan para acordar iniciar os trámites cara irmanamento”.  

 Asemade, onte venres día 24 de xaneiro de 2020, ás 19:30 horas, tivo lugar na Casa do Concello guardés, unha reunión na cal participaron o alcalde e a tenente de alcalde, Antonio Lomba Baz e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, respectivamente, con Joaquín Cadilla Castro, José Benito Rodríguez González e Celso Rodríguez Fariñas, presidente, vicepresidente e secretario, respectivamente, da Asociación Piueiro. 

 Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro presentou recentemente unha solicitude no concello propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Póvoa de Varzim. 

 Fontes do executivo municipal do concello guardés deron a coñecer que na xuntanza de onte, “se trasladou por parte do goberno a disposición para que este irmanamento se realice. 

 Se lles trasladou tamén a Piueiro que o equipo de goberno xa se puxera en contacto coa Câmara de Póvoa de Varzim para que os máximos representantes, o Presidente da Câmara e o alcalde de A Guarda, se reúnan para manifestar de maneira explícita a vontade do Irmanamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario