4 de xul. de 2018

PÓVOA DE VARZIM

CULTURA MARÍTIMA

A exposición sobre as Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda, inaugurouse onte no Museo Municipal de Etnografía de Historía de Póvoa de Varzim

· A partires do 22 de setembro poderá visitarse na vila de A Guarda

A imaxe corresponde o acto de inauguración da exposición no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, no que participaron o alcalde e o concelleiro de Patrimonio, de A Guarda; representantes da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim e membros da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda
Fotos: C. A. G.

Infogauda / Póvoa de Varzim

 Como xa informamos nunha crónica precedente, o pasado martes día 3 de xullo de 2018 o Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim acolleu a exposición sobre as Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda, un nexo común entre os homes e mulleres do mar guardeses e poveiros.

 A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.  

 Neste acto de inauguración participaron, por parte da Guarda, Joaquín Cadilla Castro, presidente da Asociación Piueiro e unha representación deste colectivo; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio e unha representación do colectivo mariñeiro da vila. 



 Por parte da Cámara de Povoa de Varzim, Luís Diamantino Carvalho Batista, Vicepresidente da Câmara de Póvoa de Varzim; Maria Lucinda Campos Amorim Ramos Sousa Delgado, Vereadora de Turismo, así como as comisarias da exposición, que forman parte do Museo.



 Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizouse unha tertulia na que participaron máis de medio cento de persoas, onde se intercambiaron experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, descubriuse unha vez máis a forte vinculación existente entre estes dous municipios.  

 As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega, as súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou de distinción, compartindo as marcas coma un nexo histórico-cultural común.  

 A Exposición Marcas dos Mariñeiros de Póvoa de Varzim e de A Guarda, visitará A Guarda a partires do vindeiro 22 de setembro, enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario