O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, reuniuse hoxe con representantes do centro
Política Social visita a residencia de Vila do Conde de Gondomar, á que destina 713.000 euros anuais
O Goberno galego incrementou nun 5,2% o orzamento dedicado neste 2020 á atención á dependencia
Infogauda / Gondomar
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou hoxe a residencia de Vila do Conde situada no concello pontevedrés de Gondomar. Alí destacou a calidade da atención que reciben os usuarios do centro ao que a Xunta de Galicia destinou no ano 2019 preto de 713.000 euros.
Ildefonso de la Campa detallou que o Goberno galego financia un total de 22 prazas nesta residencia por un importe anual de 419.000 euros ao que se suman outros gastos de mantemento. O director xeral sinalou que o obxectivo da Xunta de Galicia é ofrecer as mellores prestacións ao maior número de persoas posibles.
Neste sentido, referiuse a que neste 2020 a Administración autonómica incrementou un 5,2% o orzamento dedicado á atención aos maiores e ás persoas con discapacidade ata os 450 millóns de euros, o que supón seis de cada dez euros xestionados pola Consellería de Política Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario