1 de out. de 2019

A GUARDA

IMPLANTACIÓN DAS VÍDEO-ACTAS
 
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE A MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, DE CONVERXENCIA GALEGA

Celso R. Fariñas
Portavoz de CONVERXENCIA GALEGA 
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Na sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado día 27 de setembro de 2019, polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, foi aprobada por unanimidade á moción presentada polo concelleiro de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas propondo á implantación das vídeo actas.

 
MOCIÓN: IMPLANTACIÓN DAS VÍDEO-ACTAS 
  
 A video-acta é un sistema de xestión das actas municipais que permite a elaboración das actas dos plenos municipais rápidamente. O sistema combina a gravación en vídeo dos plenos municipais co documento electrónico que contén a orde do día do pleno, todo asinado polo Secretario para dar fe legal do acto. 

 Unha vez que se dispón da gravación, con unha interfaz de usuario o sistema permite marcar os momentos da gravación onde comeza cada punto da orde do día do Pleno, o que permite a xeración automática da Vídeo Acta e a integración entre o vídeo do Pleno e o documento acta sucinta do mesmo. A continuación, o Secretario do Concello, mediante o seu certificado dixital ou o seu DNI electrónico, asina a Vídeo Acta (vídeo e documento electrónico coa orde do día do Pleno). 

 Este conxunto de elementos se almacenan nun xestor documental e se publica no portal municipal para a súa consulta pola cidadanía, empresas, medios de comunicación, membros do Pleno, etc. Ademais, e moi importante, este sistema debería permitir a retransmisión en directo do Pleno municipal. 

 O documento electrónico do Pleno (Acta Sucinta) non é senón un acta tradicional, en formato electrónico, onde o contido do documento redúcese aos diferentes puntos da Orde do Día e as decisión e/o acordos que se tomaran, xunto coas referencias necesarias ao vídeo do Pleno. As Actas Sucintas non recollen a discusión política, senón que estas se referencian ao punto apropiado do vídeo que contén a gravación do Pleno. Desta forma, a elaboración da Acta por parte da Secretaría redúcese a transcribir as decisión/acordos tomados en cada punto, e á sinatura electrónicamente do vídeo e da Acta sucinta, facendo uso do certificado dixital ou do DNI electrónico. 

 Debemos ter en conta, que todos saímos beneficiados, porque, os cidadans/as, asociacións veciñais, comunidades de montes, colectivos e empresas: acceso aos contidos das decisións municipais, ao debate político, posición dos diferentes grupos, argumentacións…. 

 Grupos políticos do Pleno: facilitan o seu labor e comunicación coa cidadanía, deixando constancia do seu traballo e papel no Pleno municipal.  

 Secretarios: optimización do esfuerzo de elaboración de actas. 

 Departamentos de prensa: permite organizar os contidos audiovisuais dos plenos e facilitar o acceso aos mesmos á prensa. 

 Profundización na transparencia información á cidadanía.

 En vista do anterior dende o grupo de CONVERXENCIA GALEGA vimos a propoñerlle o Pleno Municipal do Concello de A Guarda, a tomar da máneira máis rápida e segura os seguintes ACORDOS: 

1º.- Que se leve a cabo, co asesoramento de Secretaría e Departamento Técnico de Informática, o estudio par a implantación das Vídeo Actas.

2º.- Que se aproveite a implantación deste sistema para para a retransmisión dos Plenos en tempo real ou streaming.  

A Guarda, a 13 de setembro do 2019 
  
Celso R. Fariñas
Portavoz de CONVERXENCIA GALEGA

A PASAXE (CAMPOSANCOS)

PATRIMONIO MARÍTIMO

BOTADURA DO VOLANTEIRO "PIUEIRO"

Sábado día 5 de outubro de 2019




A GUARDA

Aberto o prazo para solicitar axudas de alugamento de vivendas


Infogauda / A Guarda

 O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para solicitar as axudas ao alugamento de vivendas plan estatal 2018-2021.      

 O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 11 outubro 2019.  

 Para máis información e tramitación da axuda, poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda.   

 O horario de atención é de  9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

A GUARDA

CURSOS 2019-2020

NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO

A GUARDA

Inherente Teatro presenta a obra teatral «Velliñas»

O vindeiro mércores día 16 de outubro, ás 18:30 horas, na Praza do Reló
 
 Infogauda / A Guarda


 Enmarcada na programación Camiño A Dentro, promovida por O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, o vindeiro mércores día 16 de outubro, ás 18:30 horas*, na Praza do Reló terá lugar a representación teatral «Velliñas», de Inherente Teatro 

 Inherente Teatro foi creada no ano 2019 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti, tres actrices tituladas pola Escola Superior de Arta Dramática (ESAD) de Galicia. Coa súa primeira obra, Dramaturxia das mulleres, foron finalistas no VII Certame de Novos Investigadores Teatrais en Sevilla, e participaron en numerosos festivais como o FETEGA na súa XXVII edición, o II Encontro Mulleres Creando dentro do FITO ou a XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas. No 2018 únese como membro da compañía a actriz Noa Covelo. Combinan o seu traballo como intérpretes con talleres formativos de creación escénica.

* En caso de choiva á actuación será na panta baixa da Casa do Concello.

A GUARDA

«Elas pintan moito», sesión de contos con Migallas teatro

Este sábado día 6 de outubro, ás 11:30 horas, no Centro Cultural



Infogauda / A Guarda 

 O sábado día 5 de outubro ás 11:30h, o Salón de Actos do Centro Cultural acollerá a actividade “Elas pintan moito”, unha sesión de contos para público familiar baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron.   

 Nesta actividade, enmarcada no Programa Ler conta moito 2019 de Igualdade e Violencia de Xénero e organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), abordarase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotiá ata o da creación artística.  

 Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. 

 Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.  

 O obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

O ROSAL

CREACIÓN DUNHA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NO ROSAL

A alcaldía do Rosal levará ao pleno ordinario do vindeiro xoves día 3 de outubro ás 20:30 a proposta de convocar ao asociacionismo, partidos políticos e sindicatos, persoal sanitario, e veciñanza en xeral do Rosal, co fin de crear unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
  
Vista parcial das persoas participantes na concentración convocada o pasado verán pola Alcaldía do Rosal
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do concello do Rosal, presidido pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís, ven de facer público o seguinte comunicado:

 "O Rosal ven sufrindo nos últimos anos un deterioro progresivo dos servizos sanitarios da atención primaria. O SERGAS non está cubrindo as vacacións nin as baixas do persoal, o que fai que durante os meses de verán ou cando hai unha baixa médica soamente dous médicos atenden a toda a poboación. Esta situación afecta dun xeito especial ao Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón, que permaneceu pechado durante os meses de xullo e agosto deste ano por esa razón. A precarización trasládase a todo o persoal sanitario. 

 Os veciños e veciñas do Rosal que teñen que desprazarse en ambulancias aos hospitais de Vigo para recibir tratamentos periódicos, como é o caso dos pacientes que acoden ao servizo de hemodiálise, deben soportar unhas viaxes cuns percorridos que os levan a precisar ata nove horas para recibir un tratamento que dura soamente catro. 

 Por outra parte, O Rosal non conta coa dotación de persoal sanitario que correspondería tendo en conta o número de usuarios. 

 No mes de xuño solicitouse unha reunión co Conselleiro de Sanidade por parte desta alcaldía da que esperamos resposta. 

 Posteriormente, mantívose unha reunión con todos os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño e por parte dos cinco solicitouse ter unha reunión co Conselleiro. Tamén seguimos esperando unha resposta.  

 Por primeira vez neste Concello convocouse, por parte da alcaldía, unha Concentración en defensa da Sanidade Pública, este verán, que tivo unha resposta histórica  de asistencia por parte da veciñanza. 

 Por todo o anteriormente exposto, a alcaldía do Rosal levará ao pleno ordinario do vindeiro xoves día 3 de outubro ás 20:30 a proposta de convocar ao asociacionismo, partidos políticos e sindicatos, persoal sanitario, e veciñanza en xeral do Rosal, co fin de crear unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que teña como obxectivos denunciar as carencias de atención primaria e reivindicar os servizos sanitarios que nos corresponden".

TOMIÑO / VILA NOVA DE CERVEIRA

Douscentos escolares de Cerveira e Tomiño participan conxuntamente en obradoiros artísticos con material de refugallo 

Ao abeiro do proxecto gañador nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019 para fomentar a creatividade e o respecto polo medio ambiente  


 Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira

 O Convento SanPayo en Vila Nova de Cerveira acolle entre o 3 e o 11 de outubro cinco obradoiros que pretenden promover a aproximación entre nenos e nenas da Eurocidade Cerveira-Tomiño compartindo educación en valores a través de actividades artísticas e experimentación con materiais de refugallo. O proxecto, impulsado conxuntamente polas Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares de Cerveira e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño resultou gañador nas votacións da última edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo celebradas en decembro de 2018.  

 Os obradoiros están orientados ao alumnado de 5º de Educación Primaria e pretenden resaltar a importancia de non deixar lixo na natureza e de posibilitar unha segunda vida aos obxectos dun xeito creativo, na procura da educación en valores como o coidado e o respecto do medio ambiente e o fomento do interese polo arte e a creatividade.  

 A actividade prevé un máximo de 200 participantes, en cinco sesións de 2 horas de duración, con participación proporcional de alumnado galego e portugués. As sesións inclúen exercicios de creación e construción a partir da combinación de elementos atopados no lixo e na natureza (follas, paus, piñas, pedras,… rolos de papel hixiénico, botellas e vasos de plástico, tapóns, etc…). Os traballos resultantes poderán visitarse posteriormente nunha exposición no Convento SanPayo.  

 O Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

TOMIÑO

Abre o prazo de inscrición para participar na Escola Municipal de Teatro 

Con catro grupos para todas as idades, as clases comezarán o 5 de novembro e desenvolveranse no Auditorio de Goián


Infogauda / Tomiño 

 A Escola Municipal de Teatro abre o martes 1 de outubro o prazo de inscrición para participar neste novo curso, que un cano máis contará cun total de catro grupos de infantil, mocidade e adultos. Trátase dunha entidade xa consolidada con varios anos de funcionamento, que foi crecendo pouco a pouco para dar resposta á demanda da poboación para acabar converténdose en referente cultural na comarca do Baixo Miño e que na actualidade conta máis de 60 persoas participantes.  

 Impartidos por Migallas Teatro, o obxectivo desta actividade é introducir a todas as persoas interesadas no mundo teatral, “ao tempo que se estimula a imaxinación e as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo e se melloran os recursos expresivos e comunicativos”. Aulas eminentemente prácticas nas que se estudarán e traballarán aspectos básicos da creación escénica, como expresión dramática, improvisación, expresión oral, movemento expresivo, ritmo ou creación de personaxe, técnicas que se aplicarán nas pezas teatrais que o alumnado representará a final de curso.  

 As clases comezarán o vindeiro 5 de novembro e serán impartidas todos os martes polas tardes de 16:00 a 17:30 h o grupo de 9 a 12 anos; de 17:30 a 19:00 h o grupo de 4 a 8 anos; de 19:00 a 20:30 h o grupo de 13 a 17 anos e de 20:30 a 22:00 h o grupo de adultos (a partir de 18 anos). Todas as clases impartiranse no auditorio de Goián.  

 Todas as persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 15 de outubro. Os grupos contan con prazas limitadas e o prezo da actividade é de 15 euros ao mes, aínda que existen descontos no caso de asistir varios membros dunha mesma familia a calquera dos grupos formados.  

 Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ás oficinas de Rexistro do Concello de Tomiño ou chamar ao teléfono 986 622 001.

TOMIÑO

A Aula CeMIT de Tomiño acolle unha charla sobre facturación e reclamación en telefonía móbil 

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste curso, 
que se celebrará o vindeiro luns 7 de outubro de 12:00 a 13:30 h  



Infogauda / Tomiño

 A Aula CeMIT de Tomiño acolle o vindeiro luns 7 de outubro unha charla sobre a relación da cidadanía coas empresas que ofrecen os servizos de telefonía e Internet organizada en colaboración coa Escola Galega de Consumo. Con esta actividade, que se celebrará de 12:00 a 13:30 h, búscase dar a coñecer a todas as persoas participantes os principais aspectos do consumo de telefonía móbil, unha información que pode axudar a resolver posibles problemas na factura de teléfono móbil.  

 Ao longo de hora e media, repasaranse os principais conceptos a ter en conta á hora de contratar un novo servizo, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes que ofertan, dende o tipo de tarifas ata cuestións como o compromiso de permanencia, a portabilidade ou o roaming.  Ademais, afondarase nos principais dereitos que amparan ás persoas usuarias en materia de consumo e analizaranse as vías de reclamación para facelos valer, as cuestións que xeran máis demandas e como facer  un uso responsable dende o punto de vista do consumo.  

As persoas interesadas en participar poden inscribirse:      

· Na páxina cemit.xunta.gal, para o que é necesario estar rexistrado como usuario da Rede CeMIT.     

· Enviando un correo electrónico con nome completo, data de nacemento, DNI e teléfono a tomino@xunta.galou a través da nosa páxina de Facebook Aula Cemit Tomiño.     

· Chamando ao 986 623 304 ou visitando a aula CeMIT situada no Campo da Feira todas as mañás de 09.15 a 13.45 h e martes e xoves pola tarde de 18.30 a 20.30 h.

GOIÁN (TOMIÑO)

CINEMA

“O FÍO INVISIBLE” ABRE A ACTIVIDADE DO CINECLUB POLEIRO  

O xoves, 3 de outubro ás 21:30 horas, no auditorio de Goián



Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves, 3 de outubro ás 21:30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta O FÍO INVISIBLE, unha comedia dramática multipremiada, dirixida por Paul Thomas Anderson.  

Sinopse: No Londres de posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá visten á realeza e ás mulleres elegantes. Un día o modisto solteiro coñece a unha moza que se convirte en musa e amante. Unha vida metódica transformada polo amor.             

 O xoves, 7 de novembro, proxección da película francesa SAUVAGE, unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet.

Sinopse: Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo. O futuro é incerto.             

 O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL, con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017).

Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse  rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. dunha muller. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.  

 O xoves 9 de xaneiro, cine fantástico, LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)              

Sinopse: Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.  

O bono para as catro películas custa 12 euros.     

 O Cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.

TOMIÑO

A XUNTA DE GALICIA PRESENTA O PROXECTO DEFINITIVO DA MELLORA DA PO-552 AO CONCELLO DE TOMIÑO TRAS RECOLLER AS SÚAS ALEGACIÓNS       

· O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, mantivo unha reunión coa alcaldesa do municipio a quen tamén informou sobre a publiación no DOG do inicio das expropiacións   

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade na provincia, José Luis Díez, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez, mantiveron un encontro coa alcaldesa Sandra González na Casa do Concello
Foto: X.G.


Infogauda / Tomiño 


  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade presentou hoxe á alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, o proxecto definitivo de mellora da seguridade viaria na PO-552, tras recoller as alegacións presentadas polo municipio.  

 O xefe territorial deste departamento na provincia, José Luis Díez, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez, mantiveron un encontro na Casa do Concello onde se lle trasladou os cambios realizados ao longo do proxecto para adaptalo ás demandas do municipio.  

 Tamén se lle informou da publicación no DOG da declaración de utilidade pública deste proxecto, así como da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados tanto nos concellos de Tui como no de Tomiño.  

 Estas actuacións permitirán mellorar de forma inmediata a seguridade viaria, mentres se avanza nos traballos de treitos pendentes da Vía de Altas Prestacións entre Tui e a Guarda.  

 As actuacións previstas desenvolveranse no tramo comprendido entre a glorieta do acceso a Figueiró e a parroquia de Sobrada, e consistirán na mellora da intersección no p.q. 60+350, na marxe esquerda, mellora na intersección p.q. 60+470, na marxe dereita, e a mellora da intersección no p.q. 60+510, na marxe esquerda, no lugar de Vilar de Matos.   

 Ademais, no p.q. 60+600 a intersección actual transformarase nunha glorieta que dará acceso á PO-344, de acceso ao núcleo de Tomiño.   

 Así mesmo, efectuarase a mellora da intersección do p.q. 69+150 na intersección a Dorrada,  ampliando o carril central de espera para os xiros á esquerda; executaranse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou ás incorporacións a ela e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos mais seguros.  

 Finalmente, tamén se realizará unha glorieta na intersección do p.q. 71+000 para a mellora da seguridade viaria no cruce coa PO-350 (Areas-Tomiño).

SANIDADE

O 061 suple a escaseza de ambulancias na área de Vigo contratando empresas que incumpren a lexislación 

A CIG presentou máis de medio cento de denuncias dende o mes de maio que non obtiveron resposta

Óscar Graña e Uxío Figueroa, delegados da CIG no 061 nas bases de Cangas e Moaña, e Julio Villa, representante da CIG na empresa Ambulancias Rías Baixas en Vigo, compareceron en rolda da prensa xunto a Carlos Lamosa, responsábel do sector de Transportes da FGAMT-CIG de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

   Delegados da CIG no servizo de transporte sanitario urxente do 061 da área metropolitana de Vigo denuncian que a Xunta está a suplir a escaseza de ambulancias derivada do concurso público contratando a empresas coñecidas por cometer numerosas ilegalidades. A central presentou máis de medio cento de denuncias diante das distintas autoridades competentes sen obter resposta polo momento.  

 Óscar Graña e Uxío Figueroa, delegados da CIG no 061 nas bases de Cangas e Moaña, e Julio Villa, representante da CIG na empresa Ambulancias Rías Baixas en Vigo, compareceron en rolda da prensa xunto a Carlos Lamosa, responsábel do sector de Transportes da FGAMT-CIG de Vigo, para alertar da situación que se vive no servizo público de transporte sanitario urxente da área metropolitana pola falta de ambulancias e valorar como vai quedar o servizo coa entrada en vigor do novo concurso o vindeiro 16 de outubro (que pasa de Ambuibérica a Ambulancias do Atlántico). 

 No caso da cidade de Vigo consideran que o número de vehículos é insuficiente, tendo en conta que a demanda do servizo aumentou un 20% e o concurso, que estará vixente até 2022, contempla practicamente os mesmos que en 2015: seis ambulancias de soporte vital básico durante o día e tres pola noite e unha de soporte vital avanzado (24 horas). A maiores, o novo concurso contempla unha de soporte vital avanzado de enfermaría só durante 12 horas e unicamente para transporte intrahospitalario, non de urxencia. “Trátase dun número claramente insuficiente atendendo o aumento dos servizos e tendo en conta que o novo hospital atópase fóra da cidade, o que incrementa a duración dos mesmos”, sinalan.  

 Ademais, o novo concurso precariza aínda máis o servizo que se presta ao establecer que en cada vehículo viaxará unha soa persoa (condutor/a) en lugar das dúas actuais, co conseguinte perigo que isto supón para os usuarios/as e as súas familias (que serán as encargadas de acompañar os doentes) en caso de vómitos, posíbeis caídas, manobras non axeitadas, etc.  

 Para paliar esta falta de ambulancias, a Xunta está a botar man de empresas sobre as que o 061 non ten ningún tipo de control, que son contratadas de xeito arbitrario e con prezos por debaixo do custo do servizo. “Son compañías que incumpren a lexislación en materia de transporte sanitario e laboral, que contratan persoal sen titulación sanitaria (porque a Administración non esixe carné profesional), nas que só vai unha persoa e que fan transporte urxente en servizos compartidos”. De feito, a inspección sanitaria destes vehículos faise fóra de Galiza, o que permite que incumpran tamén a normativa en materia de sinalización.

Inacción da Administración e lentitude policial  

 Unha destas empresas é Colectivo Extremeño de Ambulancias (Coexam), antiga BDM, compañía coñecida por circular con ambulancias sen a correspondente ITV, co comprobante de Inspección Técnico-Sanitaria falsificado e co material médico caducado, entre outras deficiencias graves. Ademais, unha delas estaba catalogada como furgón para uso particular. Recentemente, a Federación Galega de Automobilismo denunciou que os vehículos desta empresa levaban produtos caducados e aparatos que non funcionan.  

 Todas as deficiencias foron constatadas pola CIG grazas a un exhaustivo traballo de campo realizado polo seus delegados/as, o que motivou a presentación de máis de medio cento de denuncias ante a Inspección de Traballo, os Gobernos e as Policías Locais dos concellos nos que operan as ambulancias, Garda Civil, Fundación 061 e Consellarías de Sanidade e de Transportes. “O resultado destas denuncias foi cero, xa que só nos contestaron do Concello de Vigo para dicirnos que non traballan con esta empresa, o que non é certo”.  

 Isto fainos sospeitar das vinculacións dos responsábeis da empresa coa Administración pública, “xa que a calquera de nós nos poden parar pola rúa para identificarnos e mesmo cachearnos, pero a esta empresa non lle piden nada a pesar de que denunciamos todas as irregularidades”. Por iso denuncian a inacción das Administracións sanitarias e a lentitude da actuación policial. Ao tempo que critican que o 061 siga a contratala. “De feito, segundo información non oficial, é moi posíbel que se faga cargo do servizo no Baixo Miño, cuxo concurso quedou deserto”.  

 Consideran que se trata dun xeito de suplir a licitación insuficiente de xeito que permita aforrar custes, xa que hai empresas que si que cumpren e que ben poderían asumir estes encargos “sen maltratar os usuarios/os e o persoal e sen incumprir a lexislación”. Pero sinalan que a diferenza está no prezo, xa que fronte os 40.000 ou 50.000 mil que pode custar un vehículo “estamos a falar de ambulancias de entre 15.000 e 18.000 euros, que se atopan nestas condicións e que levan persoal en prácticas, que é moito máis barato”.  

 Finalmente, censuran o mal uso que se está a facer dos recursos da sanidade pública, xa que hai compañías privadas que non contan con servizo de ambulancias as 24 horas, polo que cando teñen unha urxencia botan man do 061, que cobra por estes servizos. “Pero isto fai que teñamos un peor servizo público, porque as ambulancia están ocupadas e aumentan os tempos de espera”.

A GUARDA

O MODELO DE MOBILIDADE DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL FOCALIZOU UNHA TENSA SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA

O alcalde Antonio Lomba Baz reitera o uso compartido desa rúa de acceso ao porto, para peóns e vehículos

Vista parcial dos membros da Corporación Municipal na sesión plenaria extraordinaria de onte 30 de setembro de 2019, co salón de sesións totalmente ateigado de veciños
    Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  Precedida dunha inquedanza bastante xeralizada, nomeadamente entre os veciños e usuarios habituais desa rúa - Concepción Arenal -, xerada pola duración das obras - a día de hoxe inconclusas, xa que está pendente de instalación a sinalización correspondente e o mobiliario urbano, así como o incremento de puntos de alumeado público - e os inconvintes - a maioría deles inevitables, ainda que outros non, como por exemplo as nubes de pó xeradas o cortaren os operarios vidos de alén Miño o pavimento -, que conlevaron molestias para toda á cidadanía; a sesión plenaria extraordinaria de onte, 30 de setembro de 2019, solicitada polos concelleiros do Partido Popular e por Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, viu a confirmar á preocupación de moitos cidadans, respecto ao uso que vai ter a rúa Concepción Arenal. Preocupación baseada no modelo de mobilidade que o grupo municipal do BNG pretende implantar, e que non comparten nin o alcalde Antonio Lomba Baz e os concelleiros do PSdeG-PSOE - socios de goberno cos nacionalistas -, nin os concelleiros do PP nin o o de CG. E por suposto, moitos veciños de A Guarda, en xeral, e de xeito máis concreto, os residentes na rúa Concepción Arenal e veciños e industriais en xeral (hostaleiros na súa maioría, e tamén mariscadores, pescadores, redeiras, viveiristas,...), da zona do porto e núcleos adxacentes.

 A sesión plenaria deu comezo ás 20:00 horas, como estaba previsto, coa apertura da mesma polo alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, informando a tódolos presentes como sería o desenvolvemento do pleno solicitado polos concelleiros da oposición, e indicando que unha vez levantada á sesión, terían oportunidade de intervir nunha única intervención, cada unha das 20 persoas que en tempo e forma o habían solicitado oportunamente, recibindo ás respostas a explicacións correspondentes, en cada caso, cando procedese.

 A continuación informou que ía haber un primeiro turno de intervencións por parte de cada ún dos concelleiros portavoces de cada grupo político.

 Interviu en primeiro lugar o concelleiro de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas quen en síntese, e referíndose a rúa Concepción Arenal, dixo que "(...) antes das Eleccións [Municipais] non había problema e que os problemas viñeron despois do acordo de goberno [PSdeG-PSOE-BNG] (...)".

 Rodríguez Fariñas dixo tamén que os problemas do "matrimonio" [político] deberan resolverse no seo interno, e como se viu sairon a lúz pública.

 A continuación interviu o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Roberto José Álvarez Carrero, quen nunha ampla exposición, dixo en primeiro lugar que a rúa Concepción Arenal, é unha estrada provincial de acceso ao porto de A Guarda. 

 Asemade, referíndose ao Grupo Municipal Socialista, que na lexislatura precedente gobernou -en maioría minoritaria, con 7 concelleiros dun total de 17 corporativos - dixo no seu momento un discurso que logo foi variando do mesmo xeito que foi modificándose o proxecto inicial das obras da rúa Concepción Arenal.

 O portavoz popular mencionou tamén o descenso das vendas nos comercios na pasada campaña de Nadal, así como os perxuizos ao sector da hostalería, pola confusión xerada polo peche ao tráfico do tramo de rúa [Concepción Arenal] comprendido entre a Praza de Avelino Vicente e á rúa Pacífico Rodríguez, todo elo agravado por unha sinalización que non era á óptima. 

 Temos constancia que a sinalización dirixía aos conductores de vehículos a motor polas rúas A Coruña, Ourense, Manuel Álvarez, Circunvalación e finalmente baixando por Os Outeiros, para chegar ao porto, o que motivou que alguns clientes anulasen súas reservas nos restaurantes e co conseguinte enfado, optasen por sair da vila como boamente puderon, "perdidos" en moitos casos por rúas como Malteses, zona do Muño de Baixo, Solanas, Ribadavila, etc., buscando unha saída hacia Baiona ou hacia Tui. 

 Como xa o afirmara en ocasións precedentes, o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular dixo que as obras da rúa Concepción Arenal non eran prioritarias, e que o importe das mesmas debeuse adicar a creación da saída sur do porto.

 Roberto José Álvarez Carrero relembrou tamén que o alcalde defendía o doble sentido de circulación na rúa Concepción Arenal e que o BNG propugna o sentido único.

 Botando mán da hemeroteca, o portavoz popular citou algunhas referencias publicadas en prensa e radio, relembrándolles aos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG, respectivamente, evidenciando públicamente súas discrepancias políticas respecto ao modelo de mobilidade da rúa Concepción Arenal.

 Referíndose tamén o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular ao parque de Chán de Conde, convertido en imaxe viral en toda Galicia.

 Na súa intervención, Roberto José Álvarez Carrero, fixo mención ao pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, cando durante á campaña electoral, o candidato nacionalista criticou abertamente ao candidato socialista, tanto pola compra da Finca de Fínola, como pola súa xestión e tamén polo custe económico para ás arcas do Concello, das adicacións (completas e parciais),  relembrándolle que o lema do BNG nesa campaña electoral foi "Coas ideas claras". Decía que o alcalde cobraba moito e logo [tralo acordo de goberno bipartito]  viuse como o gasto incrementouse.

 Cunha frase que resume claramente o que sinten moitos cidadáns de A Guarda, o portavoz do PP, preguntou: "¿Aquí quien gobierna realmente?"

 E xa no tramo final da súa intervención, e dirixíndose ao alcalde, o portavoz do PP dixo: "A usted Sr. AntonIo Lomba le gusta el ajedrez, igual que a mi. Usted ha hecho una jugada maestra, porque la última palabra la tiene el alcalde (...)".

 A continuación, referíndose a bancada nacionalista, o portavoz popular dixo: "No tienen capacidad resolutoria. Sr. Anxo, lo que diga usted no vale nada (...)".

 Dirixíndose novamente ao alcalde, o portavoz do PP dixo: "¿Sr. Antonio va a tomar cartas en el asunto? Dígame que va a hacer usted (...)".

 Roberto José Álvarez Carrero tamén reprochoulles ao PSdeG-PSOE e BNG que "(...) en sólo 3 meses miren lo que han montado. Lo que han demostrado en este tiempo es que non son de fiar (...)", engadindo a continuación: "Tanto Baz (BNG) como el PSOE, son ustedes una pareja explosiva. 

 Sr. Antonio [Lomba Baz] les han tomado el pelo (...)".

 O portavoz do PP tamén relembrou que "(...) la prioridad peatonal no está reñida con la circulación de vehículos. la Calle Concepción Arenal es la vía de acceso a una de las zonas de mayor motor económico (...)".

 "Sr. Antonio, a pesar de esta maniobra, usted es el responsable de esta situación", afirmou Roberto José Álvarez Carrero, motivo polo cal propúxolle ao alcalde que lle retire a [Anxo Lois Baz Vicente, do BNG] a competencia delegada de Mobilidade a novo modelo urbano. 

 "Coja usted el toro por lo cuernos. Nosotros no queremos ser co-responsables  de esta situación que perjudica a A Guarda (...)", concluiu o portavoz do PP, a súa intervención de uns 25 minutos de duración.

 No intre en que o alcalde anunciaba que dáballe o turno da palabra á Anxo Lois Baz Vicente, do BNG, varias persoas entre o público gritaron "Fora¡ Fora¡", motivo polo cal o rexedor, pediu "(...) un pouco de respecto para que poidamos entender á postura de cada grupo (...)".

  Cando eran ás 20:34 horas, Anxo Lois Baz Vicente (BNG) comezou a súa intervención, e xa tivo que escoitar un epíteto - "mamalón" - ofensivo. Logo duns breves instantes, o concelleiro delegado de Mobilidade e novo modelo urbano dixo - referíndose a saída sur do porto - que había que modificar o PXOUM, relembrándolle ao portavoz do PP que foi a Deputación de Pontevedra quen fixo un proxecto para ese vial con tres propostas de trazado diferentes.

 Referíndose a rúa Concepción Arenal, Baz Vicente afirmou que "o tráfico nun segundo plano, despois das persoas". Tamén dixo que "(...) estas obras xeraron malestar nos veciños e no comercio pola súa demora na execución das mesmas (...)", engadindo a continuación que "(...) o proxecto está baseado en estudos previos (...)".

 O portavoz nacionalista tamén relembrou que "(...) o casco urbano de A Guarda ten un quilómetro de radio e que todos os traxectos pódense facer a pé (...)".

 Tamén afirmou que "(...) as obras desenvolvidas na rúa Concepción Arenal aumentan o atractivo da vila (...)", e referiu que "(...) onde se implantou á preferenza peonil as rúas revalorironse (...)".

 O concelleiro delegado de Mobilidade dixo que "(...) a rúa Concepción Arenal foi aberta en pleno verán, con sinalización insuficiente (...)", e salientou que "(...) o tráfico que vaia ao porto ten que ir desde a rúa Coruña, Manuel Álvarez, Circunvalación a Os Outeiros (...)". Neses intres algunhas persoas do público proferiron de viva voz, expresións críticas deica ese concelleiro.

 Anxo Lois Baz tamén afirmou que a duplicidade de sentido na circulación o primeiro tramo da rúa Concepción Arenal, [entre A Ribeira e a intersección coas rúas Brasilino Álvarez e Enrique Mª Sesto] non debe continuar.

 Sendo ás 20:45 horas, a Policía Local tivo que proceder ao desaloxo dunha persoa que atopábase preto do salón de sesións e non respectaba aos intervinientes, ao tempo que o alcalde pediu en reiteradas ocasions que o público se comportase con corrección, referíndose as persoas que proferían insultos dirixidos a algúns corporativos.

 Antonio Lomba Baz dixo que recorrer á alteración da orde pública, non é a forma máis axeitada para que poidamos levar o Pleno a bó termo, e ao remate do mesmo, ás persoas que o solicitaron previamente poidan intervir.

  A continuación unha voz masculina dixo: "¡Sr. Alcalde suspenda o Pleno. Traia 500 cadeiras e poña megafonía!".

  "Eu creo - dixo o alcalde - que somos maioría os que queremos escoitar o que din os distintos concelleiros (...)".

  Continuando coa súa intervención, que fora interrumpida polas expresións dalgúns asistentes entre o público, Anxo Lois Baz Vicente dixo: "(...) Está claro que necesitamos máis sitios onde aparcar os vehículos (...)". E deseguido, reiterou o que xa manifestara na asemblea informativa da pasada semana no Centro Cultural. "(...) Estamos en negociación cos propietarios do antigo Estadio (...)", para engadir: "(...) Ata o de agora non tivemos tanto espazo para aparcar como hoxendía (...)".

 "Estamos convencidos que o futuro de A Guarda pasa por darlle prioridade ás persoas e restrinxir o tráfico.

 Unha vez que o alcalde decida que quer facer coa rúa [Concepción Arenal] as obras rematan en 15 días (...)", afirmou o concelleiro delegado de Mobilidade, ao tempo que reiterou en afirmar que "(...) agás os camións e autobuses, e veculos autorizados [Policía Local, Guarda Civil, ambulancias,...], os automóbiles que se dirixan ao porto deberán ir por Os Outeiros (...)".

 Tamén anunciou que "(...) a rúa Pacífico Rodríguez vaise restrinxir ao tráfico, poden acceder a ela únicamente os residentes desa rúa (...)". Nese intre escoitáronse ás voces de varias persoas que berraron de viva voz: "Dimisión! Dimisión!", interrompendo á intervención do concelleiro nacionalista, motivo polo cal o alcalde voltou a pedir "(...) un pouco de respecto cos concelleiros e coa representación que ostentamos, relembrando que o Concello Pleno é o órgano máximo da Corporación Municipal (...)". Súas verbas foron respostadas con gritos de "Dimisión! Dimisión!".

 Logo desa nova interrupción, Anxo Lois Baz continuou coa súa intervención indicando que "(...) as rúas Tomiño, Pacífico Rodríguez e Ireira, serán para uso de vehículos de residentes e autorizados (...)".

 "Son as nosas competencias, as nosas áreas, e a nosa responsabilidade  é que vaia adiante", afirmou o edil nacionalista, que recibiu os aplausos de simpatizantes e membros da candidatura do BNG das pasadas eleccións municipais.

 Sendo ás 21:05 horas, o alcalde Antonio Lomba Baz clarexou que "(...) a obra da rúa Concepción Arenal non nola impuxo ninguén (...)", dixo en resposta ao que dixera o portavoz do PP.

 "(...) Os cartos déunolos a Deputación de Pontevedra para esa obra, por ser unha vía provincial. Non para outra cousa.

 O acceso sur ao porto non é competencia do Concellio, senón doutras Administracións [Xunta de Galicia, Deputación...] (...).

 O alcalde recoñeceu públicamente as discrepancias existentes entre os grupos [PSdeG-PSOE e BNG] que forman o goberno municipal do Concello de A Guarda, para engadir: "(...) A rúa Concepción Arenal non é a rúa do Príncipe. É a principal vía de acceso ao porto de A Guarda (...)".

  Tamén afirmou: "(...) Fomos nós, o entón tenente de alcalde Miguel [Ángel Español Otero] e eu como alcalde, os que dixemos como queríamos que fose a rúa Concepción Arenal.

 A plataforma única e máis flexible e accesible e ao suprimir os aparcadoiros [73 prazas] nesa rúa se reducía o tráfico (...)".

  A continuación o alcalde referiu que na Finca de Fínola hai 150 prazas de aparcadoiro, e que coa modificación das beirarrúas na rúa Manuel Álvarez hai espazo para 25 vehículos, así como unhas 300 prazas máis na Finca da Eléctrica e 30 prazas no aparcadoiro da rúa Brasilino Álvarez.

 O rexedor municipal relembrou a campaña Metrominuto, coa cal o Concello fomentou que á cidadanía móvase a pé para ir a mercar.

A RÚA CONCEPCIÓN ARENAL SEGUIRÁ SENDO O PRINCIPAL ACCESO AO PORTO

 "Coa nosa proposta a rúa Concepción Arenal, seguirá sendo o principal acceso ao porto. Todo isto foi o que se lles traladou aos técnicos da Deputación de Pontevedra e aos autores do proxecto da obra (...)", afirmou con claridade o alcalde Antonio Lomba Baz. 

 "(...) A rúa Concepción Arenal é - segundo confesou o rexedor - un dos escollos do acordo de goberno bipartito. Nós [os concelleiros do PSdeG-PSOE] consideramos que o que contempla o Plan de Mobilidade é o que hai que ter en conta", ao tempo que reafirmou o criterio do seu grupo municipal de que "(...) a rúa Concepción Arenal é a principal vía de acceso ao porto. En ningún documento figura como peonil ningún tramo de Concepción Arenal (...)", afirmación que foi acollida con sonoros aplausos dos veciños.

 O alcalde tamén referiu que a comezos de setembro deste ano, "(...) celebrouse unha reunión na Deputación de Pontevedra, na que ademáis dos técnicos desa institución estivemos Miguel [Ángel Español Otero], Anxo [Lois Baz Vicente] e eu, e os técnicos dixéronnos que non hai problema en aplicar o Plan de Mobilidade (...)".

 Antonio Lomba dixo tamén que "(...) a comezos de agosto, vendo como estaba a sinalización [que dirixía aos vehículos que ían en dirección ao porto polas rúas Coruña, Ourense, Manuel Álvarez, Circunvalación e Os Outeiros] fun eu mesmo quen informei a Deputación de Pontevedra que iso non era o acordado no acordo de goberno (...)".

 Asemade, respecto aos accesos a rúa Concepción Arenal e ao porto, o alcalde reiterou o que xa afirmara a pasada semana nos medios de comunicación e agarda que "(...) coa instalación da sinalización por parte da empresa encargada pola Deputación de Pontevedra se remate este conflicto (...)".

 A continuación, no seu segundo turno de intervención, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, afirmou que "(...) débese respectar a denominación da rúa. Non é Concepción Areal, como alguén dixo, senón Concepción Arenal "(...), para a continuación engadir: "(...) Decir que  peatonalizar a rúa Concepción Arenal é darlle vida o comercio é faltarlle o respecto aos comerciantes. 

 Logo dos centos de sinaturas recollidas, pedindo á apertura ao tráfico da rúa Concepción Arenal, que alguén insista na peatonalización é un insulto aos veciños e aos comerciantes (...)".

 E dirixíndose ao alcalde, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas dixo: "(...) A mín gustaríame que vostede ratificase como vai quedar a rúa Concepción Arenal (...)". 

 Ao mesmo tempo o concelleiro de Converxencia Galega aludiu "(...) a unha charla-mitin do BNG no Centro Cultural na que mesmo non lle respectaron as súas decraracións [do alcalde] (...)".

 Celso Rodríguez Fariñas invitou ao alcalde "(...) a que se manteña na súa postura diante dos veciños e con iso queda o tema arranxado (...)".

 Invocando o vencello con A Guarda e os 40 postos de traballo desa empresa, o concelleiro de Converxencia Galega tamén manifestou que "(...) se lle facilite a ATSA o acceso ao porto (...)"

 Antes de dar por rematada súa intervención, Celso Rodríguez Fariñas fixo fincapé no "(...) descenso de ingresos de varios establecementos (...)", que en opinión dos afectados ten súa orixe no desenvolvemento das obras da rúa Concepción Arenal e propuxo unha intervención na rúa Coruña que está soportando moito tráfico rodado.

 As verbas do concelleiro de Converxencia Galega foron acollidas con aplausos do público.

 No seu segundo turno de intervención, o portavoz do PP, Roberto José Álvarez Carrero fixo mención das "(...) discrepancias existentes entre os dous grupos que forman o equipo de goberno municipal (...)" e preguntoulle ao alcalde "(...) se o modelo que vai prevalecer é o seu ou é o do BNG (...)".

 A continuación sería Xosé Manuel Méndez Díaz, concelleiro do BNG quen interviría, facéndoo dando lecturaa varios paragráfos do Plan de Mobilidade, momento no que unha parte do público asistente apupouno e algunhas persoas fritaron: "¡Fuera! !Fuera¡".

 Cando o concelleiro nacionalista reanudou súa intervención dixo: "(...) Non entendo como se pode soplar e sorber, ao mesmo tempo (...)".

  A continuación reprochoulle ao portavoz do PP que "(...) en setembro deste ano pedise o proxecto, cando este leva no Concello desde febreiro de 2018. Resulta curioso que non tivera curiosidade de coñecelo antes (...)".

 Referíndose ao proxecto da saída sur do porto, e dirixíndose novamente ao portavoz do PP, Méndez Díaz dixo: "(...) Se non lle gusta o proxecto feito na Deputación de Pontevedra, cando o BNG estaba na Área de Mobilidade, faga outro e logo fágase unha foto con Feijóo".

 A continuación, dirixíndose ao alcalde, o concelleiro do BNG Xosé Manuel Méndez dixo: "(...) Non é normal que vostede entorpeza o traballo da metade do Goberno da Deputación de Pontevedra (...)". 

 Méndez Díaz instou ao alcalde "(...) a respectar o proxecto tal e como está redactado ou busque outra nova maioría do grupo do PP (...)". 

 Empregando un ton que se cualifica por sí mesmo, Xosé Manuel Méndez Díaz, concelleiro nacionalista, díxolle ao alcalde: "(...) Pódesnos cesar  mañá mesmo! Tes a opción de cesarnos! (...)". 

 Varias persoas do público voltaron a gritar: "!Fuera¡ !Fuera¡".

 Continuando na mesma liña anterior, Xosé Manuel Méndez voltou a dirixirse ao alcalde decíndolle: "(...) O que non tes é a competencia para interferir nas nosas áreas (...)".
 
 Finalmente interviu Antonio Lomba Baz, afirmando que como dixo Celso Rodríguez Fariñas faise necesaria unha intervención na rúa Coruña, e cando eran 22:00 horas, o alcalde levantou á sesión.

 Logo dun pequeno receso, o alcalde procedeu a nomear unha por unha, ás persoas que habían solicitado intervir ao remate da sesión plenaria extraordinaria. Das 20 solicitudes - unha delas dunha mercantil - interviron 17 persoas, entre as cales atopábase á representante da aludida empresa, e unha das persoas que solicitara intervir non se atopaba no salón de sesións e outra persoa, declinou súa intervención in voce, afirmando que ás dúbidas que tiña, xa lle foran clarexadas non decurso da sesión plenaria.

 E sendo ás 23:25 horas, logo de haber intervido ás persoas que o solicitaran, o alcalde deu por rematado o acto.

 Compre salientar que simultáneamente ao desenvolvemento da sesión plenaria, na Praza do Reló houbo unha concentración de veciños e comerciantes, que quixeron pór de manifesto que se abra ao tráfico a rúa Concepción Arenal.

 É de lamentar que ao salir ao exterior da Casa do Concello os membros dos grupos municipales do PSdeG-PSOE e do BNG, fosen abucheados e increpados por algúns presentes, ao abeiro da nocturnidade, polo que a Policía Local tivo que intervir para protexer á integridade física dos concelleiros.

 Como conclusións podemos decir o seguinte:

1ª.- O grupo de goberno bipartito (PSdeG-PSOE-BNG), é, na opinión de moitos veciños, e desde fai bastantes semanas, unha parella de comenencia, vencellada polas respectivas nóminas mensuais dos concelleiros con adicación total ou parcial e pola estratexia política da cada forza en particular.

2ª.-O pobo de A Guarda adoece nestes momentos - e desde o comezo das obras na rúa Concepción Arenal -, dunha evidente fractura social, que require unha solución política por parte dos actores que dun xeito ou de outro a propiciaron.

3ª.- O alcalde Antonio Lomba Baz e os concelleiros do PSdeG-PSOE teñen, tal e como viuse na sesión plenaria de onte, o apoio implícito da maioría da Corporación Municipal, para dar resposta ás demandas dos veciños e comerciantes, no que respecta a rúa Concepción Arenal e a compatibilidade de peóns e vehículos. Sendo recomendable que todos contribuiamos o calmado do tráfico rodado e se inculque o hábito de movernos camiñando, na medida do posible.

4ª.- O Concello de A Guarda non  é - non debera selo - un lugar para retar un grupo municipal a outro. Non é un espazo para "pulsos" verbais. Non é ese o xeito de facer política para á veciñanza. Hai que ter máis respecto e xenerosidade cos demáis. Hai que quererlle ao pobo que cos seus votos elexiu aos representantes municipais. E sobor de todo, hai que traballar día a día, para o conxunto dos veciños. E quen non é esté disposto a ese sacrifizo que se vaia para súa casa.