1 de out. de 2019

A GUARDA

O MODELO DE MOBILIDADE DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL FOCALIZOU UNHA TENSA SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA

O alcalde Antonio Lomba Baz reitera o uso compartido desa rúa de acceso ao porto, para peóns e vehículos

Vista parcial dos membros da Corporación Municipal na sesión plenaria extraordinaria de onte 30 de setembro de 2019, co salón de sesións totalmente ateigado de veciños
    Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  Precedida dunha inquedanza bastante xeralizada, nomeadamente entre os veciños e usuarios habituais desa rúa - Concepción Arenal -, xerada pola duración das obras - a día de hoxe inconclusas, xa que está pendente de instalación a sinalización correspondente e o mobiliario urbano, así como o incremento de puntos de alumeado público - e os inconvintes - a maioría deles inevitables, ainda que outros non, como por exemplo as nubes de pó xeradas o cortaren os operarios vidos de alén Miño o pavimento -, que conlevaron molestias para toda á cidadanía; a sesión plenaria extraordinaria de onte, 30 de setembro de 2019, solicitada polos concelleiros do Partido Popular e por Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, viu a confirmar á preocupación de moitos cidadans, respecto ao uso que vai ter a rúa Concepción Arenal. Preocupación baseada no modelo de mobilidade que o grupo municipal do BNG pretende implantar, e que non comparten nin o alcalde Antonio Lomba Baz e os concelleiros do PSdeG-PSOE - socios de goberno cos nacionalistas -, nin os concelleiros do PP nin o o de CG. E por suposto, moitos veciños de A Guarda, en xeral, e de xeito máis concreto, os residentes na rúa Concepción Arenal e veciños e industriais en xeral (hostaleiros na súa maioría, e tamén mariscadores, pescadores, redeiras, viveiristas,...), da zona do porto e núcleos adxacentes.

 A sesión plenaria deu comezo ás 20:00 horas, como estaba previsto, coa apertura da mesma polo alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, informando a tódolos presentes como sería o desenvolvemento do pleno solicitado polos concelleiros da oposición, e indicando que unha vez levantada á sesión, terían oportunidade de intervir nunha única intervención, cada unha das 20 persoas que en tempo e forma o habían solicitado oportunamente, recibindo ás respostas a explicacións correspondentes, en cada caso, cando procedese.

 A continuación informou que ía haber un primeiro turno de intervencións por parte de cada ún dos concelleiros portavoces de cada grupo político.

 Interviu en primeiro lugar o concelleiro de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas quen en síntese, e referíndose a rúa Concepción Arenal, dixo que "(...) antes das Eleccións [Municipais] non había problema e que os problemas viñeron despois do acordo de goberno [PSdeG-PSOE-BNG] (...)".

 Rodríguez Fariñas dixo tamén que os problemas do "matrimonio" [político] deberan resolverse no seo interno, e como se viu sairon a lúz pública.

 A continuación interviu o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Roberto José Álvarez Carrero, quen nunha ampla exposición, dixo en primeiro lugar que a rúa Concepción Arenal, é unha estrada provincial de acceso ao porto de A Guarda. 

 Asemade, referíndose ao Grupo Municipal Socialista, que na lexislatura precedente gobernou -en maioría minoritaria, con 7 concelleiros dun total de 17 corporativos - dixo no seu momento un discurso que logo foi variando do mesmo xeito que foi modificándose o proxecto inicial das obras da rúa Concepción Arenal.

 O portavoz popular mencionou tamén o descenso das vendas nos comercios na pasada campaña de Nadal, así como os perxuizos ao sector da hostalería, pola confusión xerada polo peche ao tráfico do tramo de rúa [Concepción Arenal] comprendido entre a Praza de Avelino Vicente e á rúa Pacífico Rodríguez, todo elo agravado por unha sinalización que non era á óptima. 

 Temos constancia que a sinalización dirixía aos conductores de vehículos a motor polas rúas A Coruña, Ourense, Manuel Álvarez, Circunvalación e finalmente baixando por Os Outeiros, para chegar ao porto, o que motivou que alguns clientes anulasen súas reservas nos restaurantes e co conseguinte enfado, optasen por sair da vila como boamente puderon, "perdidos" en moitos casos por rúas como Malteses, zona do Muño de Baixo, Solanas, Ribadavila, etc., buscando unha saída hacia Baiona ou hacia Tui. 

 Como xa o afirmara en ocasións precedentes, o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular dixo que as obras da rúa Concepción Arenal non eran prioritarias, e que o importe das mesmas debeuse adicar a creación da saída sur do porto.

 Roberto José Álvarez Carrero relembrou tamén que o alcalde defendía o doble sentido de circulación na rúa Concepción Arenal e que o BNG propugna o sentido único.

 Botando mán da hemeroteca, o portavoz popular citou algunhas referencias publicadas en prensa e radio, relembrándolles aos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG, respectivamente, evidenciando públicamente súas discrepancias políticas respecto ao modelo de mobilidade da rúa Concepción Arenal.

 Referíndose tamén o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular ao parque de Chán de Conde, convertido en imaxe viral en toda Galicia.

 Na súa intervención, Roberto José Álvarez Carrero, fixo mención ao pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, cando durante á campaña electoral, o candidato nacionalista criticou abertamente ao candidato socialista, tanto pola compra da Finca de Fínola, como pola súa xestión e tamén polo custe económico para ás arcas do Concello, das adicacións (completas e parciais),  relembrándolle que o lema do BNG nesa campaña electoral foi "Coas ideas claras". Decía que o alcalde cobraba moito e logo [tralo acordo de goberno bipartito]  viuse como o gasto incrementouse.

 Cunha frase que resume claramente o que sinten moitos cidadáns de A Guarda, o portavoz do PP, preguntou: "¿Aquí quien gobierna realmente?"

 E xa no tramo final da súa intervención, e dirixíndose ao alcalde, o portavoz do PP dixo: "A usted Sr. AntonIo Lomba le gusta el ajedrez, igual que a mi. Usted ha hecho una jugada maestra, porque la última palabra la tiene el alcalde (...)".

 A continuación, referíndose a bancada nacionalista, o portavoz popular dixo: "No tienen capacidad resolutoria. Sr. Anxo, lo que diga usted no vale nada (...)".

 Dirixíndose novamente ao alcalde, o portavoz do PP dixo: "¿Sr. Antonio va a tomar cartas en el asunto? Dígame que va a hacer usted (...)".

 Roberto José Álvarez Carrero tamén reprochoulles ao PSdeG-PSOE e BNG que "(...) en sólo 3 meses miren lo que han montado. Lo que han demostrado en este tiempo es que non son de fiar (...)", engadindo a continuación: "Tanto Baz (BNG) como el PSOE, son ustedes una pareja explosiva. 

 Sr. Antonio [Lomba Baz] les han tomado el pelo (...)".

 O portavoz do PP tamén relembrou que "(...) la prioridad peatonal no está reñida con la circulación de vehículos. la Calle Concepción Arenal es la vía de acceso a una de las zonas de mayor motor económico (...)".

 "Sr. Antonio, a pesar de esta maniobra, usted es el responsable de esta situación", afirmou Roberto José Álvarez Carrero, motivo polo cal propúxolle ao alcalde que lle retire a [Anxo Lois Baz Vicente, do BNG] a competencia delegada de Mobilidade a novo modelo urbano. 

 "Coja usted el toro por lo cuernos. Nosotros no queremos ser co-responsables  de esta situación que perjudica a A Guarda (...)", concluiu o portavoz do PP, a súa intervención de uns 25 minutos de duración.

 No intre en que o alcalde anunciaba que dáballe o turno da palabra á Anxo Lois Baz Vicente, do BNG, varias persoas entre o público gritaron "Fora¡ Fora¡", motivo polo cal o rexedor, pediu "(...) un pouco de respecto para que poidamos entender á postura de cada grupo (...)".

  Cando eran ás 20:34 horas, Anxo Lois Baz Vicente (BNG) comezou a súa intervención, e xa tivo que escoitar un epíteto - "mamalón" - ofensivo. Logo duns breves instantes, o concelleiro delegado de Mobilidade e novo modelo urbano dixo - referíndose a saída sur do porto - que había que modificar o PXOUM, relembrándolle ao portavoz do PP que foi a Deputación de Pontevedra quen fixo un proxecto para ese vial con tres propostas de trazado diferentes.

 Referíndose a rúa Concepción Arenal, Baz Vicente afirmou que "o tráfico nun segundo plano, despois das persoas". Tamén dixo que "(...) estas obras xeraron malestar nos veciños e no comercio pola súa demora na execución das mesmas (...)", engadindo a continuación que "(...) o proxecto está baseado en estudos previos (...)".

 O portavoz nacionalista tamén relembrou que "(...) o casco urbano de A Guarda ten un quilómetro de radio e que todos os traxectos pódense facer a pé (...)".

 Tamén afirmou que "(...) as obras desenvolvidas na rúa Concepción Arenal aumentan o atractivo da vila (...)", e referiu que "(...) onde se implantou á preferenza peonil as rúas revalorironse (...)".

 O concelleiro delegado de Mobilidade dixo que "(...) a rúa Concepción Arenal foi aberta en pleno verán, con sinalización insuficiente (...)", e salientou que "(...) o tráfico que vaia ao porto ten que ir desde a rúa Coruña, Manuel Álvarez, Circunvalación a Os Outeiros (...)". Neses intres algunhas persoas do público proferiron de viva voz, expresións críticas deica ese concelleiro.

 Anxo Lois Baz tamén afirmou que a duplicidade de sentido na circulación o primeiro tramo da rúa Concepción Arenal, [entre A Ribeira e a intersección coas rúas Brasilino Álvarez e Enrique Mª Sesto] non debe continuar.

 Sendo ás 20:45 horas, a Policía Local tivo que proceder ao desaloxo dunha persoa que atopábase preto do salón de sesións e non respectaba aos intervinientes, ao tempo que o alcalde pediu en reiteradas ocasions que o público se comportase con corrección, referíndose as persoas que proferían insultos dirixidos a algúns corporativos.

 Antonio Lomba Baz dixo que recorrer á alteración da orde pública, non é a forma máis axeitada para que poidamos levar o Pleno a bó termo, e ao remate do mesmo, ás persoas que o solicitaron previamente poidan intervir.

  A continuación unha voz masculina dixo: "¡Sr. Alcalde suspenda o Pleno. Traia 500 cadeiras e poña megafonía!".

  "Eu creo - dixo o alcalde - que somos maioría os que queremos escoitar o que din os distintos concelleiros (...)".

  Continuando coa súa intervención, que fora interrumpida polas expresións dalgúns asistentes entre o público, Anxo Lois Baz Vicente dixo: "(...) Está claro que necesitamos máis sitios onde aparcar os vehículos (...)". E deseguido, reiterou o que xa manifestara na asemblea informativa da pasada semana no Centro Cultural. "(...) Estamos en negociación cos propietarios do antigo Estadio (...)", para engadir: "(...) Ata o de agora non tivemos tanto espazo para aparcar como hoxendía (...)".

 "Estamos convencidos que o futuro de A Guarda pasa por darlle prioridade ás persoas e restrinxir o tráfico.

 Unha vez que o alcalde decida que quer facer coa rúa [Concepción Arenal] as obras rematan en 15 días (...)", afirmou o concelleiro delegado de Mobilidade, ao tempo que reiterou en afirmar que "(...) agás os camións e autobuses, e veculos autorizados [Policía Local, Guarda Civil, ambulancias,...], os automóbiles que se dirixan ao porto deberán ir por Os Outeiros (...)".

 Tamén anunciou que "(...) a rúa Pacífico Rodríguez vaise restrinxir ao tráfico, poden acceder a ela únicamente os residentes desa rúa (...)". Nese intre escoitáronse ás voces de varias persoas que berraron de viva voz: "Dimisión! Dimisión!", interrompendo á intervención do concelleiro nacionalista, motivo polo cal o alcalde voltou a pedir "(...) un pouco de respecto cos concelleiros e coa representación que ostentamos, relembrando que o Concello Pleno é o órgano máximo da Corporación Municipal (...)". Súas verbas foron respostadas con gritos de "Dimisión! Dimisión!".

 Logo desa nova interrupción, Anxo Lois Baz continuou coa súa intervención indicando que "(...) as rúas Tomiño, Pacífico Rodríguez e Ireira, serán para uso de vehículos de residentes e autorizados (...)".

 "Son as nosas competencias, as nosas áreas, e a nosa responsabilidade  é que vaia adiante", afirmou o edil nacionalista, que recibiu os aplausos de simpatizantes e membros da candidatura do BNG das pasadas eleccións municipais.

 Sendo ás 21:05 horas, o alcalde Antonio Lomba Baz clarexou que "(...) a obra da rúa Concepción Arenal non nola impuxo ninguén (...)", dixo en resposta ao que dixera o portavoz do PP.

 "(...) Os cartos déunolos a Deputación de Pontevedra para esa obra, por ser unha vía provincial. Non para outra cousa.

 O acceso sur ao porto non é competencia do Concellio, senón doutras Administracións [Xunta de Galicia, Deputación...] (...).

 O alcalde recoñeceu públicamente as discrepancias existentes entre os grupos [PSdeG-PSOE e BNG] que forman o goberno municipal do Concello de A Guarda, para engadir: "(...) A rúa Concepción Arenal non é a rúa do Príncipe. É a principal vía de acceso ao porto de A Guarda (...)".

  Tamén afirmou: "(...) Fomos nós, o entón tenente de alcalde Miguel [Ángel Español Otero] e eu como alcalde, os que dixemos como queríamos que fose a rúa Concepción Arenal.

 A plataforma única e máis flexible e accesible e ao suprimir os aparcadoiros [73 prazas] nesa rúa se reducía o tráfico (...)".

  A continuación o alcalde referiu que na Finca de Fínola hai 150 prazas de aparcadoiro, e que coa modificación das beirarrúas na rúa Manuel Álvarez hai espazo para 25 vehículos, así como unhas 300 prazas máis na Finca da Eléctrica e 30 prazas no aparcadoiro da rúa Brasilino Álvarez.

 O rexedor municipal relembrou a campaña Metrominuto, coa cal o Concello fomentou que á cidadanía móvase a pé para ir a mercar.

A RÚA CONCEPCIÓN ARENAL SEGUIRÁ SENDO O PRINCIPAL ACCESO AO PORTO

 "Coa nosa proposta a rúa Concepción Arenal, seguirá sendo o principal acceso ao porto. Todo isto foi o que se lles traladou aos técnicos da Deputación de Pontevedra e aos autores do proxecto da obra (...)", afirmou con claridade o alcalde Antonio Lomba Baz. 

 "(...) A rúa Concepción Arenal é - segundo confesou o rexedor - un dos escollos do acordo de goberno bipartito. Nós [os concelleiros do PSdeG-PSOE] consideramos que o que contempla o Plan de Mobilidade é o que hai que ter en conta", ao tempo que reafirmou o criterio do seu grupo municipal de que "(...) a rúa Concepción Arenal é a principal vía de acceso ao porto. En ningún documento figura como peonil ningún tramo de Concepción Arenal (...)", afirmación que foi acollida con sonoros aplausos dos veciños.

 O alcalde tamén referiu que a comezos de setembro deste ano, "(...) celebrouse unha reunión na Deputación de Pontevedra, na que ademáis dos técnicos desa institución estivemos Miguel [Ángel Español Otero], Anxo [Lois Baz Vicente] e eu, e os técnicos dixéronnos que non hai problema en aplicar o Plan de Mobilidade (...)".

 Antonio Lomba dixo tamén que "(...) a comezos de agosto, vendo como estaba a sinalización [que dirixía aos vehículos que ían en dirección ao porto polas rúas Coruña, Ourense, Manuel Álvarez, Circunvalación e Os Outeiros] fun eu mesmo quen informei a Deputación de Pontevedra que iso non era o acordado no acordo de goberno (...)".

 Asemade, respecto aos accesos a rúa Concepción Arenal e ao porto, o alcalde reiterou o que xa afirmara a pasada semana nos medios de comunicación e agarda que "(...) coa instalación da sinalización por parte da empresa encargada pola Deputación de Pontevedra se remate este conflicto (...)".

 A continuación, no seu segundo turno de intervención, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, afirmou que "(...) débese respectar a denominación da rúa. Non é Concepción Areal, como alguén dixo, senón Concepción Arenal "(...), para a continuación engadir: "(...) Decir que  peatonalizar a rúa Concepción Arenal é darlle vida o comercio é faltarlle o respecto aos comerciantes. 

 Logo dos centos de sinaturas recollidas, pedindo á apertura ao tráfico da rúa Concepción Arenal, que alguén insista na peatonalización é un insulto aos veciños e aos comerciantes (...)".

 E dirixíndose ao alcalde, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas dixo: "(...) A mín gustaríame que vostede ratificase como vai quedar a rúa Concepción Arenal (...)". 

 Ao mesmo tempo o concelleiro de Converxencia Galega aludiu "(...) a unha charla-mitin do BNG no Centro Cultural na que mesmo non lle respectaron as súas decraracións [do alcalde] (...)".

 Celso Rodríguez Fariñas invitou ao alcalde "(...) a que se manteña na súa postura diante dos veciños e con iso queda o tema arranxado (...)".

 Invocando o vencello con A Guarda e os 40 postos de traballo desa empresa, o concelleiro de Converxencia Galega tamén manifestou que "(...) se lle facilite a ATSA o acceso ao porto (...)"

 Antes de dar por rematada súa intervención, Celso Rodríguez Fariñas fixo fincapé no "(...) descenso de ingresos de varios establecementos (...)", que en opinión dos afectados ten súa orixe no desenvolvemento das obras da rúa Concepción Arenal e propuxo unha intervención na rúa Coruña que está soportando moito tráfico rodado.

 As verbas do concelleiro de Converxencia Galega foron acollidas con aplausos do público.

 No seu segundo turno de intervención, o portavoz do PP, Roberto José Álvarez Carrero fixo mención das "(...) discrepancias existentes entre os dous grupos que forman o equipo de goberno municipal (...)" e preguntoulle ao alcalde "(...) se o modelo que vai prevalecer é o seu ou é o do BNG (...)".

 A continuación sería Xosé Manuel Méndez Díaz, concelleiro do BNG quen interviría, facéndoo dando lecturaa varios paragráfos do Plan de Mobilidade, momento no que unha parte do público asistente apupouno e algunhas persoas fritaron: "¡Fuera! !Fuera¡".

 Cando o concelleiro nacionalista reanudou súa intervención dixo: "(...) Non entendo como se pode soplar e sorber, ao mesmo tempo (...)".

  A continuación reprochoulle ao portavoz do PP que "(...) en setembro deste ano pedise o proxecto, cando este leva no Concello desde febreiro de 2018. Resulta curioso que non tivera curiosidade de coñecelo antes (...)".

 Referíndose ao proxecto da saída sur do porto, e dirixíndose novamente ao portavoz do PP, Méndez Díaz dixo: "(...) Se non lle gusta o proxecto feito na Deputación de Pontevedra, cando o BNG estaba na Área de Mobilidade, faga outro e logo fágase unha foto con Feijóo".

 A continuación, dirixíndose ao alcalde, o concelleiro do BNG Xosé Manuel Méndez dixo: "(...) Non é normal que vostede entorpeza o traballo da metade do Goberno da Deputación de Pontevedra (...)". 

 Méndez Díaz instou ao alcalde "(...) a respectar o proxecto tal e como está redactado ou busque outra nova maioría do grupo do PP (...)". 

 Empregando un ton que se cualifica por sí mesmo, Xosé Manuel Méndez Díaz, concelleiro nacionalista, díxolle ao alcalde: "(...) Pódesnos cesar  mañá mesmo! Tes a opción de cesarnos! (...)". 

 Varias persoas do público voltaron a gritar: "!Fuera¡ !Fuera¡".

 Continuando na mesma liña anterior, Xosé Manuel Méndez voltou a dirixirse ao alcalde decíndolle: "(...) O que non tes é a competencia para interferir nas nosas áreas (...)".
 
 Finalmente interviu Antonio Lomba Baz, afirmando que como dixo Celso Rodríguez Fariñas faise necesaria unha intervención na rúa Coruña, e cando eran 22:00 horas, o alcalde levantou á sesión.

 Logo dun pequeno receso, o alcalde procedeu a nomear unha por unha, ás persoas que habían solicitado intervir ao remate da sesión plenaria extraordinaria. Das 20 solicitudes - unha delas dunha mercantil - interviron 17 persoas, entre as cales atopábase á representante da aludida empresa, e unha das persoas que solicitara intervir non se atopaba no salón de sesións e outra persoa, declinou súa intervención in voce, afirmando que ás dúbidas que tiña, xa lle foran clarexadas non decurso da sesión plenaria.

 E sendo ás 23:25 horas, logo de haber intervido ás persoas que o solicitaran, o alcalde deu por rematado o acto.

 Compre salientar que simultáneamente ao desenvolvemento da sesión plenaria, na Praza do Reló houbo unha concentración de veciños e comerciantes, que quixeron pór de manifesto que se abra ao tráfico a rúa Concepción Arenal.

 É de lamentar que ao salir ao exterior da Casa do Concello os membros dos grupos municipales do PSdeG-PSOE e do BNG, fosen abucheados e increpados por algúns presentes, ao abeiro da nocturnidade, polo que a Policía Local tivo que intervir para protexer á integridade física dos concelleiros.

 Como conclusións podemos decir o seguinte:

1ª.- O grupo de goberno bipartito (PSdeG-PSOE-BNG), é, na opinión de moitos veciños, e desde fai bastantes semanas, unha parella de comenencia, vencellada polas respectivas nóminas mensuais dos concelleiros con adicación total ou parcial e pola estratexia política da cada forza en particular.

2ª.-O pobo de A Guarda adoece nestes momentos - e desde o comezo das obras na rúa Concepción Arenal -, dunha evidente fractura social, que require unha solución política por parte dos actores que dun xeito ou de outro a propiciaron.

3ª.- O alcalde Antonio Lomba Baz e os concelleiros do PSdeG-PSOE teñen, tal e como viuse na sesión plenaria de onte, o apoio implícito da maioría da Corporación Municipal, para dar resposta ás demandas dos veciños e comerciantes, no que respecta a rúa Concepción Arenal e a compatibilidade de peóns e vehículos. Sendo recomendable que todos contribuiamos o calmado do tráfico rodado e se inculque o hábito de movernos camiñando, na medida do posible.

4ª.- O Concello de A Guarda non  é - non debera selo - un lugar para retar un grupo municipal a outro. Non é un espazo para "pulsos" verbais. Non é ese o xeito de facer política para á veciñanza. Hai que ter máis respecto e xenerosidade cos demáis. Hai que quererlle ao pobo que cos seus votos elexiu aos representantes municipais. E sobor de todo, hai que traballar día a día, para o conxunto dos veciños. E quen non é esté disposto a ese sacrifizo que se vaia para súa casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario