25 de set. de 2019

A GUARDA

O ALCALDE INFORMA SOBRE A REGULACIÓN DO TRÁFICO NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL

Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 "Sobre a regulación do tráfico en Concepción Arenal", o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz deu a coñecer no día de hoxe, 25 de setembro de 2019, á seguinte nota de prensa:

 "O martes 24 de setembro de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, enviou un escrito a Deputación de Pontevedra sobre a continuación das obras de Concepción Arenal onde explica a sinalización definitiva. 

 O escrito do alcalde responde a unha comunicación do Servizo de Infraestructuras e Vías Provinciais da Deputación no que requiría “información necesaria en relación a sinalización para proceder a súa colocación e remate das obras”. 

 O escrito remitido polo Alcalde baséase  no acordo de Goberno acadado co BNG no que se recollía que a regulación do tráfico por Concepción Arenal respondería ao plan de mobilidade co debido asesoramento técnico. 

 O plan de mobilidade e o propio alcalde entenden que a rúa Concepción Arenal é a arteria principal de Baixada ao Porto para vehículos. Polo tanto na sinalización proposta facilítase este acceso salvagardando a seguridade dos peóns  e habilitando espazos para os mesmos. 

 Na proposta enviada habilítase un sentido único de circulación entre a rúa Galicia e a rúa Tomiño. 

 Posibilítase o acceso a Concepción Arenal e Domínguez Fontela dende a rúa Ourense e Manuel Álvarez. 

 Facilítase o transito dos vehículos pesados. Así, os camións e autobuses poderán acceder ao porto a través da Praza de Avelino Vicente e poderán subir por Concepción Arenal dende o Porto ata a rúa Galicia directamente. 

 O alcalde confía que en prazo breve estea colocada a sinalización definitiva así como o mobiliario da rúa para o remate das obras".

Ningún comentario:

Publicar un comentario