IMPLANTACIÓN DAS VÍDEO-ACTAS
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE A MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, DE CONVERXENCIA GALEGA
Celso R. Fariñas
Portavoz de CONVERXENCIA GALEGA
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Na sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado día 27 de setembro de 2019, polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, foi aprobada por unanimidade á moción presentada polo concelleiro de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas propondo á implantación das vídeo actas.
MOCIÓN: IMPLANTACIÓN DAS VÍDEO-ACTAS
A video-acta é un sistema de xestión das actas municipais que permite a elaboración das actas dos plenos municipais rápidamente. O sistema combina a gravación en vídeo dos plenos municipais co documento electrónico que contén a orde do día do pleno, todo asinado polo Secretario para dar fe legal do acto.
Unha vez que se dispón da gravación, con unha interfaz de usuario o sistema permite marcar os momentos da gravación onde comeza cada punto da orde do día do Pleno, o que permite a xeración automática da Vídeo Acta e a integración entre o vídeo do Pleno e o documento acta sucinta do mesmo. A continuación, o Secretario do Concello, mediante o seu certificado dixital ou o seu DNI electrónico, asina a Vídeo Acta (vídeo e documento electrónico coa orde do día do Pleno).
Este conxunto de elementos se almacenan nun xestor documental e se publica no portal municipal para a súa consulta pola cidadanía, empresas, medios de comunicación, membros do Pleno, etc. Ademais, e moi importante, este sistema debería permitir a retransmisión en directo do Pleno municipal.
O documento electrónico do Pleno (Acta Sucinta) non é senón un acta tradicional, en formato electrónico, onde o contido do documento redúcese aos diferentes puntos da Orde do Día e as decisión e/o acordos que se tomaran, xunto coas referencias necesarias ao vídeo do Pleno. As Actas Sucintas non recollen a discusión política, senón que estas se referencian ao punto apropiado do vídeo que contén a gravación do Pleno. Desta forma, a elaboración da Acta por parte da Secretaría redúcese a transcribir as decisión/acordos tomados en cada punto, e á sinatura electrónicamente do vídeo e da Acta sucinta, facendo uso do certificado dixital ou do DNI electrónico.
Debemos ter en conta, que todos saímos beneficiados, porque, os cidadans/as, asociacións veciñais, comunidades de montes, colectivos e empresas: acceso aos contidos das decisións municipais, ao debate político, posición dos diferentes grupos, argumentacións….
Grupos políticos do Pleno: facilitan o seu labor e comunicación coa cidadanía, deixando constancia do seu traballo e papel no Pleno municipal.
Secretarios: optimización do esfuerzo de elaboración de actas.
Departamentos de prensa: permite organizar os contidos audiovisuais dos plenos e facilitar o acceso aos mesmos á prensa.
Profundización na transparencia información á cidadanía.
En vista do anterior dende o grupo de CONVERXENCIA GALEGA vimos a propoñerlle o Pleno Municipal do Concello de A Guarda, a tomar da máneira máis rápida e segura os seguintes ACORDOS:
1º.- Que se leve a cabo, co asesoramento de Secretaría e Departamento Técnico de Informática, o estudio par a implantación das Vídeo Actas.
2º.- Que se aproveite a implantación deste sistema para para a retransmisión dos Plenos en tempo real ou streaming.
A Guarda, a 13 de setembro do 2019
Celso R. Fariñas
Portavoz de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:
Publicar un comentario