14 de out. de 2019

A GUARDA

«Déixate de contos»

O Centro Cultural acollerá á presentación dese libro de Berto Pirata

O vindeiro venres día 18 de outubro ás 20:00 horas


Infogauda / A Guarda 

 O vindeiro venres día 18 de outubro ás 20:00 horas o Salón de actos do Centro Cultural acollerá a presentación do libro «Déixate de contos», de Berto Pirata.

 «Déixate de contos», que xa vai pola segunda edición, é un libro tenro que afonda na relación entre un pai e os seus xemelgos a través de relatos onde os tres aprenderán de que vai realmente a vida.  

 Nese mesmo acto realizarase a presentación da Editorial «Elefantes de Papel», a cargo da guardesa María Salinas García e Berto Pirata.

 «Elefantes de Papel» é un proxecto comprometido, realizado con moita ilusión, e que vén coa intención de facilitar a publicación a aquelas persoas que soñan con facelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario