O CONCELLO FAI UN RESUMO DAS ACTIVIDADES CELEBRADAS CON MOTIVO DAS FESTAS DO PILAR E CABAQUEIROS
Infogauda / A Guarda
A pasada fin de semana vimos de celebrar as Festas do Pilar e do Cabaqueiro no Rosal.
Desde o Concello rosaleiro salientan que foron numerosos os rosaleiros que se achegaron ata a Praza do Calvario para desfrutar de toda a programación, que foi ampla e variada, con música, recoñecemento Cabaqueiros, exposicións e baile.
Comezamos o venres con música coas actuacións de “Andhrea and The Black Cats” e “Os Residuos Atractivas”.
O sábado pola tivemos á Coral e á Banda da Agrupación Musical do Rosal, e pola tarde contamos coa actuación de “Trío Refugallo”, na que participaron os máis cativos. Seguidamente, gozamos dun emotivo recoñecemento ós nosos cabaqueiros e rematamos a xornada cun gran concerto da banda da Agrupación Musical do Rosal con Suso Vaamonde, que superou calquera expectativa de asistencia.
Por último, o domingo finalizamos unha fin de semana chea de eventos co Festival Folclore no Camiño, no que puidemos desfrutar do baile que nos une a ambas beiras do Río Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario