A obra teatral «Velliñas», de Inherente Teatro
Chegará o mércores día 16 de outubro, ás 18:30 horas, á Praza do Reló
Noelia Blanco, Noa Covelo e Pía Nicoletti, da Compañía Inherente teatro, interpretan «Velliñas»
Foto: I.T.
Infogauda / A Guarda
Enmarcada na programación Camiño A Dentro promovida por O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia, este mércores día 16 de outubro de 2019, ás 18:30 horas, na Praza do Reló (en caso de choiva será nos baixos da Casa do Concello, será posta en escea á obra «Velliñas», pola Compañía Inherente teatro.
Inherente teatro foi creada no ano 2016 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia. Coa súa primeira obra, Dramaturxia das mulleres, foron finalistas no VII Certame de Novos Investigadores Teatrais en Sevilla. Participaron en numerosos festivais como o FETEGA na súa XXVII edición, o II Encontro Mulleres Creando dentro do FITO ou a XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas. No 2018 únese como membro da compañía a actriz Noa Covelo. Combinan o seu traballo como intérpretes con talleres formativos de creación escénica.
Sobre a obra
Rosa, Carmiña e Josefina adoitan facerlle compañía ás pombas da praza tódalas tardiñas que non chove. Ata que un día atopan un obxecto inesperado que as conduce a tomar a decisión que cambiará a súas vidas de xeito irremediable: o Camiño.
Unha obra de teatro mudo, apta para todos os públicos.
Intérpretes: Noelia Blanco, Noa Covelo e Pía Nicoletti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario