4 de set. de 2019

TOMIÑO

A Concellería de Benestar (Servizos Sociais Comunitarios) e Orientación Laboral trasládanse temporalmente á rúa Bos Aires, por razón de obras 

A OMIX funcionará na Aula Cemit, e Cultura, Mocidade e Deportes, no Concello



Infogauda / Tomiño 

 O executivo municipal do Concello de Tomiño, que preside á alcaldesa Sandra González Álvarez fixo público que ante o comezo das obras de rehabilitación do edificio situado na Rocha (antigo centro de saúde), a Concellería de Benestar (Servizos Sociais Comunitarios), así coma a oficinas de Orientación Laboral, trasládanse temporalmente á rúa Bos Aires, 4. 

 Pola súa banda, a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) funcionará na Aula Cemit, e Cultura, Mocidade e Deportes, no Concello.  

 As obras, que pretenden a mellora da calidade e sostenibilidade do edicio, comprenden a instalación dun sistema de illamento térmico en paredes exteriores; cambio de tellado e carpintería exterior de aluminio con cristal triple, así coma a instalación dun sistema novo de iluminación e aforro enerxético con led; un recuperador de calor e colocación de arborado que protexa da chuvia a fachada oeste.  

 O proxecto afrontarase cunha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) e fondos propios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario