OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS
Realizarase os venres de 16:00 a 18:20 horas no Centro Social Polivalente, dende o 11 de outubro ata o 29 de novembro.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do Programa Tecendo Lazos organiza un obradoiro gratuíto de xogos e xoguetes tradicionais onde poden participar nais, pais, avoas e avós.
O obxectivo fundamental deste cursiño é organizar unha actividade que favoraza as relacións interxeneracionais de xeito que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade.
A duración do mesmo é de 16 horas, das cales 12 horas son específicas e 4 horas pertencen a un módulo obrigatorio denominado “Historia do meu Concello” de 4 horas de duración. Realizarase os venres de 16:00 a 18:20 horas no Centro Social Polivalente, dende o 11 de outubro ata o 29 de novembro.
No curso poderán participar persoas de todas as idades. As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta. Se a idade dos nenos/ as están comprendidas entre os 12 e 17 anos poderán participar se achegan o consentimento do pai, nai ou titor legal.
Tamén poderán ser beneficiarias do obradoiro persoas doutros concellos, sempre que presenten a correspondente solicitude no rexistro do concello e se as prazas non fosen cubertas polas persoas do Rosal.
A solicitude será cuberta cos nome e apelidos, dni, data nacemento e enderezo. Ademais deberase entregar a fotocopia do DNI, volante de empadroamento e autorización dos pais no caso de ser preciso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario