Pily Reñones, fotógrafa tomiñesa, presenta no Alivio a exposición “Camiños Converxentes”
A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal, será inaugurada o sábado ás 12:00 horas
Infogauda / Tomiño
Este ano, o Concello de Tomiño organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título “Camiños Converxentes”. A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), será inaugurada o sábado ás 12:00h.
Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía “Holanda”, na que a autora retrata a unha anciana da localidade ourensá de Riós.
Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcaldesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario