Aberto o prazo de inscrición para o curso 2019/2020 da Escola de Música Municipal
O vindeiro venres, 13 de setembro, ás 19.30h, haberá unha reunión no Auditorio de Goián para informar sobre o inicio das clases
Infogauda / Goián
A escola de música municipal da Agrupación Musical de Goián vén de abrir o prazo de inscrición para o curso académico 2019/2020.
O curso comezará o día 17 de setembro e desenvolveranse nas instalacións da escola, situadas no edificio do Auditorio de Goián.
O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo info@bandadegoian.gal, ou ben, chamando ao número de teléfono 626 799 623 ou o 639 629 684.
A oferta educativa deste ano é ampla e adaptada a todas as idades e necesidades, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias, e tendo en conta que as novas incorporacións teñen un mes de proba de balde.
· XARDÍN MUSICAL (3 anos)
· MÚSICA E MOVEMENTO (5 a 7 anos)
· LINGUAXE MUSICAL (de 1º a 5º curso)
· SOLFEXO PARA ADULTOS
· VIOLONCELLO
· PERCUSIÓN
· VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
· VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba
· CLASES DE CORO (nova actividade)
Ademais, contan con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: CONXUNTO INSTRUMENTAL e BANDA XUVENIL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario