Aberto o período de propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo Vila Nova de Cerveira-Tomiño
Os proxectos, con interese compartido, poden ser presentadas até o día 31 de outubro
Infogauda / Vila Nova de Cerveira - Tomiño
Seguindo co compromiso de ambos concellos a prol dun territorio común sustentable, a Eurocidade Cerveira-Tomiño laza a cuarta edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Os proxectos, con interese compartido poden ser presentadas ata o 31 de outubro.
Dotado con 20.000 euros, o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño é unha das prioridades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do río Miño.
As tres edicións anteriores corroboran a excelente dinámica das poboacións de ambos os dous concellos veciños en aproveitar o intercambio e colaboración existente noutras áreas de interese común, a través da realización de accións e actividades con implicacións positivas na melloría da calidade de vida.
Desta forma, a partir do 10 de setembro, está aberto o proceso para a presentación de propostas ao OPT Cerveira-Tomiño 2020, unha fase de recepción de iniciativas que se prolongará ata o vindeiro 31 de outubro. Poden participar persoas individuais ou colectivas con domicilio social ou fiscal en Vila Nova de Cerveira ou Tomiño, debendo cada proposta ter un propoñente de cada concello. Haberá dous proxectos vencedores, dotados con 10.000 euros cada un, polo que no período de votación, a poboación deberá seleccionar obrigatoriamente dous proxectos.
Todo o proceso de candidatura e votación pode seguirse a través desta páxina web.
O OPT é un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea. A Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño promove igualmente iniciativas como a valedora transfronteiriza e accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario