A Garda Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na localidade
Anxo Lois Baz Vicente, 1º tenente de alcalde do Concello de A Guarda trasladou as demandas dos veciños e comerciantes para aumentar a presenza policial nos turnos de noite
Anxo
Lois Baz Vicente, 1º tenente de alcalde do Concello de A Guarda
reuniuse hoxe co subtenente do posto da Guarda Civil da localidade
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de facer público que na mañá deste martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde, Anxo Lois Baz Vicente, mantivo unha reunión co subtenente do Posto da Garda Civil da localidade, Elogio Rivas, "para tratar de mellorar a seguridade cidadá en coordinación e comunicación directa entre ámbalas dúas institucións".
Fonte municipais indicaron a este xornal dixital que "Anxo Lois Baz Vicente trasladou as demandas dos veciños e comerciantes para aumentar a presenza policial nos turnos de noite, obtendo o compromiso do subtenente da Guardia Civil do Posto de A Guarda, emprazando a unha reunión de seguimento que terá lugar en datas próximas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario