4 de set. de 2019

A GUARDA

XESTIÓN DEMOCRÁTICA DEU POR REMATADA SEU “PROXECTO ECOLOXÍA URBANA”





 Infogauda / A Guarda

 Dende o partido político Xestión Democrática víñase desenvolvendo unha campaña co lema “Proxecto Ecoloxía Urbana”. Dita campaña - segundo indica Xermán Cordero Verde, presidente desa formación política - levouse a cabo dende o mes de xuño onde se propuña a través de mocións, unha serie de cambios onde a ecoloxía urbana e o benestar dos concidadáns da Guarda eran o principal eixo desta campaña.   

 Hoxe foi o peche de devandita campaña coa presentación por rexistro de entrada a última moción deste programa, titulada: “Proposta por o grupo municipal Xestión Democrática a implantación dun plan eficiencia enerxética nos edificios municipais”. 

 As mocións que se presentaron durante esta campaña - tal e como afirma Xermán Cordero - foron as seguintes:  

· ADESIÓN DO CONCELLO DA GUARDA A REDE CIDADES POLA BICICLETA 2019-E-RE-1667. A rede de cidades pola bicicleta é unha asociación composta por entidades locais que teñen por obxectivo a xeración dunha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenrolar a circulación dos ciclistas especialmente no espazo urbano.  

· SOTERRAMENTO DAS LINEAS AÉREAS DE ELECTRICIDADE E TELECONUMICACIÓN 2019-E-RE-1781. O que se pretende con esta moción e que de unha vez por todas a obrigan das compañías a soterrar o tendido tanto naquelas zonas que se prepararon para dito soterramentento  

· PLAN DE MOVILIDADE URBAN SUSTENTABLE. O que se pretende con esta moción e que se firme o convenio coa Deputación de  Pontevedra para que faga dito plan para unha mobilidade de futuro tal  e como están facendo Concellos limítrofes e da Comarca como son O Rosal e Tui.
 
· Eventos Sostibles (MOC_E-RE-1848), e un moción onde solicitamos o Concello que todos aqueles eventos que se fagan no concello teñan un plan de sustentabilidade como por exemplo a colocación de contedores de lixo o evitar os utensilios de plástico e de un só uso.   

 Nestes momentos - engade Xermán Cordero - Xestión Democrática está en negociación coas forzas políticas que teñen representación no concello para negociar que ditas mocións se leven a pleno que terá lugar este fin de mes.   

 Son unhas mocións realistas que deberían ser apoiadas por todos os grupos políticos, e non so aprobadas senón levadas acabo para que A Guarda se suba a locomotora do progreso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario