4 de set. de 2019

A GUARDA

Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e Xornada de Micoloxía
 


Infogauda / A Guarda

 A Omix da Guarda organiza para os meses de outubro e novembro novas actividades nas que se inclúen un Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e unha Xornada de Micoloxía.  

 O obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos terá lugar os venres en horario de 18:00 a 20:30h dende o 18 de outubro ata o 15 de novembro, cun custe de 35€ por persoa.  

 A Xornada de Micoloxía terá lugar un sábado do mes de novembro con saída ao monte pola mañá e pola tarde.  

 As inscricións para estas dúas actividades están xa abertas na OMIX da Guarda no teléfono 986 610 000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario