4 de set. de 2019

A GUARDA

Programación de cursos para nenos e adultos 

Na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano   
 
 














 Infogauda / A Guarda

 A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro.  

 Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición,  os cursos serán en horario de mañá e de tarde.  

 As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611 850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.   

 Destacan na programación de cursos os de Informática para nenos/as, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica, follas de cálculo ou o de informática para adultos.  

 Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.   

Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello de A Guarda manten a aula CeMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia  

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario