VELA
XI Cruceiro Río Miño
Celebrarase o sábado día 31 de agosto ás 16:00 horas, na Pasaxe (Camposancos)
Infogauda / A Pasaxe (Camposancos) A Guarda
O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello de A Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 11ª edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.
A regata disputarase en formato multiclase e 470, e está aberta a todas as embarcacións a vela con orza móbil.
As inscricións están abertas ata as 14:00h do 31 de agosto cubrindo o formulario de inscrición e enviándoo ao seguinte enderezo electrónico:
club.alagua@gmail.com
A taxa de inscrición é de 5€ por participante e aboarase en efectivo xunto coa confirmación da inscrición.
As regatas arrancarán ás 16:00 horas para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados na xeral e pola noite, trala entrega de premios, servirase unha cea de convivencia nas instalacións do Clube Alagua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario