26 de ago. de 2019

DEPORTES

Torneo de Volei Praia Vila da Guarda

O torneo arrancará ás 10:00 horas do domingo día 1 de setembro, nas pistas deportivas do Codesal


Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O domingo día 1 de setembro, ás 10:00 horas, as pistas deportivas de O Codesal, en Camposancos (A Guarda), acollerán o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de A Guarda.  

 Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.  

 As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación. 

 O prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8€ por parella.  

 En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.  

 Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.  

 Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario