26 de ago. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

JAZZ DO SÉCULO XX EN VERSIÓNS SÉCULO XXI  

O sábado día 31 de agosto ás 20:30 horas na Casa de Montes de Camposancos


José Manuel Malheiro Gutiérrez / Camposancos

 Desde a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos temos o gusto de informar sobre actividade de difusión musical que se vai realizar o vindeiro sábado día 31 ás 20:30 horas na súa sé, a casa de Montes de Camposancos: "Estándares de jazz do século XX interpretados por cantantes do século XXI".

 Trátase dunha actividade animada polo colaborador Ignasi Castelló, na que se combina audición musical, visionado documental e comentarios explicativos arredor dun coloquio sobre a música de jazz e da biografía de diferentes autores e interpretes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario