Nas praias galegas do tramo final do río Miño
TÉCNICOS DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA COMPROBARON IN SITU OS EFECTOS DA EROSIÓN
Mª Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos, amosa como os piñeiros van quedándose coas raíces a vista, como paso previo a súa caída, por causa da forte erosión que está afectando á marxe galega do río Miño, en Camposancos, no termo municipal de A Guarda

Fotos: E.L.M.
Infogauda / Camposancos
A erosión e a perda de continente na ribeira galega, concretamente en Camposancos, no tramo final do río Miño, por
causas que a ninguén se lle escapan e que todo o mundo sabe, pero que ata agora non tiveron o
antídoto axeitado, é un problema medioambiental que está afectando de xeito notorio ao
cordón dunar e ao piñeiral do Feno, en primeiro lugar, e por extensión
aos usuarios dos espazos públicos de singulares valores naturais
incluídos na Rede Natura 2000, como a praia da Lamiña, situada a pouca distancia da praia do Forte, unha das máis fermosas do noso país.
Debido as consecuencias visibles da erosión, á veciñanza de Camposancos, en primeiro lugar, e por suposto, a de todo o termo municipal de A Guarda, demandan da Administración a resposta axeitada para subsanar esa situación que ven producíndose desde fai unos anos.

Nese sentido a alcaldesa pedánea Mª Mercedes Martínez Vázquez, presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, ven de informar “a todos e todas os veciños e veciñas de Camposancos e usuarios da nosa praia da Lamiña”, que “despois de tres reunións sucesivas da Entidade Local Menor de Camposancos con Xan Lois Lomba Alonso, concelleiro de Medio Ambiente e cos técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, este xoves, 29 de agosto tivemos a última visita deles e despois de camiñar e observar toda a zona da Lamiña e Muiño, tanto no Feno como na praia, os técnicos fixeron unha petición formal e por escrito, dirixida a Costas do Estado, sobre a corta e a limpeza de árbores caídas na praia e en perigo de caer”.
A erosión está afectando ao cordón dunar, ao piñeiral do Feno e ao mesmo tempo reducindo os areais fluviais de Camposancos
“Por fin vemos un raio de luz neste tema!”, afirma a alcaldesa pedánea de Camposancos.
“Estes señores - engade a presidenta da Entidade local Menor de Camposancos -
amosáronse interesados en solucionar o problema ante a nosa
insistencia. Bueno, pois hai que esperar, a ver se se resolve canto
antes e en positivo!
Ademáis
disto e en devandita reunión tratáronse temas interesantísimos como
plantación de especies autóctonas e eliminación de acacias. Estiveron
explicándonos por donde facer a limpeza do Feno e como facelo”.
CONTINÚAN OS TRABALLOS DE LIMPEZA EN VARIAS ZONAS DE CAMPOSANCOS
“Por outra banda - informou tamén Mª Mercedes Martínez Vázquez -, na
última semana de agosto continuamos coa limpeza polo camiño que vai por
detrás da escola da Poza. Continuaremos pola Devesa e A Granxa.
Ao mesmo tempo estamos rematando a limpeza da zona do Muiño, pasaremos polas Coelleiras e A Galapa.
Esta semana tivemos que interrumpir a limpeza pola aparición dunha nova avaría en San Amaro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario