31 de ago. de 2019

BAIONA

A Xunta de Galicia adxudica obras de mellora na estación depuradora de Baiona, cun investimento autonómico superior aos 48.000 euros  

Estas infraestruturas son explotadas a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento das augas residuais, e os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses  

Estas actuacións inclúen tarefas de mantemento e conservación das instalacións e introducen melloras nos sistemas telemáticos para a xestión desta planta  

Infogauda / Baiona

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de conservación e mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do concello de Baiona, cun investimento autonómico superior aos 48.000 euros.  

 Esta actuación de Augas de Galicia dispón dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa S.A. de obras y Servicios Copasa.  

 Esta intervención na EDAR municipal permite a realización de tarefas de mantemento e conservación destas instalacións e a mellora telemática na xestión dos tratamentos de augas residuais desta planta, no que se inclúe un novo sistema de control e regulación de nivel nun reactor biolóxico e manto de fangos nun decantador con sistemas de monitorización enerxética.  

 Cómpre sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.  

 Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario