26 de ago. de 2019

A GUARDA.

O venres día 6 e o sábado día 7 de setembro  

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na rúa Rosalía de Castro   
Foto: C.A.G


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda o venres día 6 e o sábado día 7 de setembro.  

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 6 de setembro, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 7 de 10:00 ás 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario