PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 17 AO VENRES 21 DE XUÑO DE 2019
Luns, 17
19:00 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Asemblea Xeral de AEGAMA. (Só para asociados).
Mércores, 19
12:30 horas
Presentación do concurso express de curtametraxes “Valdeorras, denominación de cinema”, que se celebrará en Valdeorras (Ourense) do 26 de agosto ao 1 de setembro, co obxectivo de colocar a comarca no mapa a través do cinema. É o primeiro concurso a nivel nacional e está organizado pola produtora Sintelobos e patrocinado pola Denominación de Orixe de Valdeorras, que queren converter durante unha semana a zona nun estudio de cinema, onde os equipos participantes realizarán unha curtametraxe completa nun prazo de 5 días. O requisito indispensable para que a curtametraxe sexa aceptado no concurso é gravar nalgunha das localizacións propostas pola organización.
Xoves, 20
19.30 horas
Presentación da novela “El centurión proscrito”, de Manuel Romay, publicada por Éride Ediciones, unha obra de fondo histórico na que se relatan as aventuras dun centurión que foxe do emperador por todo o Imperio Romano. O escritor Manuel Romay López, que naceu na localidade lucense de San Martín de Ombreiro (Ponte Umbrarium en época romana), fai oriúndo ao protagonista deste lugar e de aí parte a historia e a desculpa para recrear costumes e lendas da zona.
No acto intervirán a presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón; e o editor, Ángel Jiménez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario