Homenaxe ao profesor don Xesús Alonso Montero
• Sábado, 13 de xuño, na Illa de San Simón (Redondela)
Programa de actos
A Illa de San Simón acollerá este sábado unha homenaxe a don Xesús Alonso Montero, mestre de mestres e presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.
O actual máximo responsable da institución, Henrique Monteagudo, será un dos intervenientes nesta lembranza do intelectual, catro meses despois do seu pasamento. O académico correspondente Ramón Nicolás Rodríguez, tamén intervirá nunha xornada que rematará cunha ofrenda musical de Amancio Prada.


Ningún comentario:
Publicar un comentario