TURISMO
A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera, os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
Os días 5, 6 e 7 de xullo no porto da Guarda
Moncho Borrajo será o pregoeiro da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
Infogauda / A Guarda
A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta.
Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos - entre eles a rosca de xema de A Guarda - e do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona do Rosal.
Moncho Borrajo será o pregoeiro desta edición que arrancará o venres ás 21:00 horas na Praza do Reló. O actor, humorista e showman galego que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais tamén presentará o seu espectáculo “Borrajo Perdido” na carpa, situada no Portiño Novo (porto de A Guarda), trala apertura da festa gastronómica.
O sábado será a cita para Luis Zahera, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. O actor ofrecerá o seu espectáculo “CHUNGO” xa que ofrece as súas vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario