XUNTANZA INFORMATIVA DO CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS
• A reunión celebrarase o vindeiro luns, 15 de xuño, no Pavillón da Sangriña, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria
Redacción Deportes/A Guarda
O Club Balonmán Atlético Guardés convoca a todos os seus socios e socias, afeccionados e afeccionadas, así como ao público interesado en xeral, a unha xuntanza informativa aberta na que se abordará a situación actual da entidade e os retos que afronta de cara ao seu futuro.
Esta convocatoria prodúcese tras a recente saída do principal patrocinador do club e a dimisión do seu presidente nas últimas semanas, circunstancias que fan necesario compartir información coa masa social e coa veciñanza, así como analizar os posibles escenarios que se presentan para a continuidade e desenvolvemento do proxecto deportivo.
A reunión celebrarase o vindeiro luns, 15 de xuño, no Pavillón da Sangriña, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.
Desde o Club Balonmán Atlético Guardés anímase á asistencia de todas aquelas persoas que desexen coñecer de primeira man a situación da entidade e participar neste encontro aberto de diálogo e información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario