14 de xuño de 2019

A GUARDA

Xornada Empresarial “Non Te Pares, Érguete!!” 

O venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 horas,  no Centro Cultural de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 horas,  terá lugar no Centro Cultural de A Guarda, a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019. 

 Neste acto teremos contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir, indicaron desde Érguete Baixo Miño

 Asemade salientaron que a xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores da nosa entidade

 Esta xornada, é o peche do taller de formación e activación cara a procura de emprego que comezamos no mes de maio (cunha duración total de 80 h.) e cuias actividades son financiadas pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias

 Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 614 407 / 640 086 376.

Ningún comentario:

Publicar un comentario