ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
TODO A PUNTO PARA A CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN
Será o martes día 18 de xuño, ás 17:00, no salón de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos
Infogauda / Camposancos
Mediante decreto do presidente en funcions da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, está convocada sesión plenaria extraordinaria para á constitución da nova Xunta da Entidade Local Menor de Camposancos, que terá lugar o vindeiro día 18 de xuño, ás 17:00 horas, en 1ª convocatoria; e ás 17:30 horas, en 2ª convocatoria, no salón de plenos da E.L.C. de Camposancos.
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1. Constitución da Mesa de Idade.
2. Acreditación dos membros da xunta veciñal e comprobación do quorum.
3.Toma de posesión dos membros da xunta veciñal. Constitución da Corporación.
4. Toma de posesión do cargo de alcaldesa-pedánea.
5. Dar conta do arqueo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario