17 de maio de 2019

CUNTIS

MANUEL VÁZQUEZ APOSTA XUNTO A ROMÁN RODRÍGUEZ POR POTENCIAR O TURISMO E A CULTURA EN CUNTIS

Román Rodríguez co candidato do Partido Popular á Alcaldía de Cuntis, Manuel Vázquez Fernández e membros da súa candidatura

Infogauda / Cuntis
 
 O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Cuntis, Manuel Vázquez Fernández, apostou onte por dar pulo á cultura e ás tradicións e potenciar o turismo como motor económico dentro do seu programa de goberno para os vindeiros catro anos. 

 Nun acto cos veciños celebrado no Centro Patelas, no que tamén participou Román Rodríguez, Vázquez incidiu na necesidade de “explotar ao máximo” todo o potencial que ten Cuntis, ademáis de poner enriba da mesa outros obxectivos importantes como impulsar o PXOM ou regularizar o polígono industrial. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario