17 de maio de 2019

A GUARDA

Anxo Baz pide un apoio masivo ao BNG para un Goberno de cambio   

Montserrat Prado: “Necesitamos unha representación en Europa do BNG con Ana Miranda para defender os intereses de Galiza e da Guarda”   


De esq. a der.: Anxo Baz, Miguel Fernández, Montserrat Prado e Beatriz Lomba

Infogauda / A Guarda

 O BNG celebrou no día de onte un acto público no Casino de A Guarda. Un encontro concorrido que se encargou de presentar Miguel Fernández, nº 6 da lista do BNG.  

 “Hoxe, temos unha lista forte e reforzada cun candidato, Anxo Baz, traballador, dinámico, comprometido, cercano e o máis importante, honrado. Con el o Concello da Guarda vai ser, por fin, a Casa de todos”, comentou Miguel.  

 Beatriz Lomba, candidata nº 2 e responsable local sinalaba a importancia de realizar un cambio real, “os que queren un cambio e non confían no PP, que voten ao BNG. Os que queren un cambio e non queren ao PSOE, que voten ao BNG. Fagamos unha nova maioría para darlle un cambio de rumbo ao noso pobo, un cambio de rumbo da man do mellor patrón, Anxo Baz”.  

 A continuación, Montserrat Prado deputada no Parlamento de Galicia, manifestou a necesidade de ter presenza en Europa. “Con Ana Miranda no Parlamento Europeo, Galiza terá presenza, terá voz como tivo nos últimos anos defendendo aos emigrantes retornados, aos preferentistas ou esixindo responsabilidades polo accidente do Alvia, no que PP e PSOE deixaron tirados ás vítimas. Pero tamén será unha voz que denuncia esa Europa dos capitais que non é a solución aos problemas de Galiza, se non a responsábel dunha gran parte deles.  

 Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía de A Guarda, asegurou que “un goberno do BNG, vai ser un goberno de compromiso co pobo, de traballo diario, fuxindo dos grandes anuncios que logo quedan en nada. Traballo, traballo, traballo, para unha Guarda diferente”.  

 Diante dun auditorio abarrotado presentou un equipo solvente, cun proxecto de pobo baseado en devolver as rúas ás persoas, pular por sectores estratéxicos como o comercio, a pesca... poñer en marcha consellos de participación cidadá ou pór en valor fitos tan importantes como o monte Trega.  

 Comprometeu unha acción de goberno honesta, amábel e respectando aos veciños e veciñas, ante os aplausos dos asistentes ao acto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario