17 de maio de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA

PARA A SEMANA DO LUNS 20 AO VENRES 24 DE MAIO DE 2019



Luns, 20

19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá, para conmemorar o Día das Letras, a conferencia “Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas”, a cargo de Fernando  Molpeceres, mestre gaiteiro da Real Banda da Deputación de Ourense e profesor de gaita desde 2005 na Banda  Lume de Biqueira.



O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación  Albedro e a súa Banda de Gaitas  Lume de  Biqueira; e nel,  Molpeceres ofrecerá unha selección de audicións que abarcarán grupos e músicos de distintos lugares, desde Galicia a Irlanda, pasando por Estados Unidos, Escocia ou Bretaña.



Martes, 21

19:30 horas 

 Presentación do libro “Algunos abuelos de la democracia", de Alfonso García López, no que o autor ofrece os perfís dos avós dalgúns dos políticos máis relevantes dos nosos días: Rajoy, Zapatero, Iglesias, Rivera e Sánchez, co obxectivo de “buscar a verdade“ das súas biografías baseándose na documentación procedente de máis de trinta arquivos, entre eles, General da Administración de Alcalá de Henares; Centro Documental da Memoria Histórica de Salamanca; Arquivo Histórico Nacional de Madrid...



 No acto intervirán, ademais do autor Alfonso García López, (notario xubilado), o Xeneral Conselleiro Togado do Corpo Xurídico Militar (r) e  exdirector do Dereito Internacional Humanitario de  CRE, José Luis Rodríguez-Villasante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario