9 de maio de 2019

A GUARDA

Fin de semana con interesantes propostas na vila 

Sesión de Contos Contados, Mostra Asociativa, visitas guiadas gratuítas ao Monte Santa Trega, xornada de Geolodía,..., entre outras actividades  

 Infogauda / A Guarda

 A Guarda prepárase para a segunda fin de semana de maio na que destacan a sesión de Contos Contados na Biblioteca, a III Mostra Asociativa, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a xornada de Geolodía09, entre outras actividades para todas as idades. 

Venres día 10



 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará este venres día 10 na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas.  

Sábado día 11

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará este sábado día 11 de maio na Rúa Rosalía de Castro (a Carón do Centro Cultural) en horario de 10:00 ás 15:00 horas.  



 Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 



 O Centro de Interpretación das Fortalezas, na fortificación de Santa Cruz, acolle a exposición de Praxíteles González Martínez na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela, e de Notre Dame (París). 

 Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive. 



 Tamén este sábado ás 11:30h terá lugar a primeira sesión de Contos Contados do mes de maio, adicada especialmente ao «Día das Letras Galegas», a na que realizarase un obradoiro adicado a Antón Fraguas, no que os asistentes colorearán as fichas didácticas "Primavera das Letras" con ilustracións inspiradas na vida e  obra de Antón Fraguas. Este material é unha iniciativa da Real Academia Galega.  



 Pola tarde, desde ás 15:00 h., a Alameda da vila será o escenario, unha vez máis, da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións do municipio serán as protagonistas dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.  

 Un total de 30 colectivos e asociacións participarán ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa programación para todas as idades.

 Ademais dos postos individuais de cada colectivo, nos que tamén realizaránse actividades paralelas e informarase máis pormenorizadamente sobre os servizos e obxectivos de cada asociación ou colectivo, a III Mostra asociativa conta coa seguinte programa de actividades:  

16:00h – Actuación conxunta entre A Boalleira e Na Revolta 16:30h – Exhibición de Danza Centro Do-Majó 
18:00h – 18:45h – Bloque de actuacións conxuntas entre a Asociación Vento Mareiro, Rock´n´Rolla, Xamaraina e o Coro Arpegios-Cantábile. 
18:45h – Actuación da Agrupación Musical da Guarda 
19:15h – Serán coas actuacións dos grupos Do Lusco ó Fusco e Vento Mareiro 
20:00h Actuación das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa 
20:30h Actuación de Xerock  

 A maiores ao longo da tarde haberá actividades paralelas nas que se inclúen a realización dunha alfombra floral, práctica deportiva de remo ergómetro, un obradoiro de hockey e patinaxe, un obradoiro de decoración de palma, un obradoiro de henna, un obradoiro de chapas, unha exhibición de patinaxe, xogos, circuito e actividades de airsoft, obradoiro de nós mariñeiros, sopas de letras, aparellos mariñeiros, photocall e moito máis.  

Domingo 12

 Este domingo celébrase en todo o país unha nova edición do Geolodía, toda unha serie de excursións gratuítas coordinadas pola Sociedad Geológica de España e guiadas por xeólogos, e abertas a todo tipo de público.  




 Especial protagonismo terá o granito, tanto o do monte Santa Trega coma dos montes circundantes, fonte da orixe dun recurso moi importante, o caolín, por cuxa explotación e aplicación industrial destacou este municipio. “Falaremos de como se forma o caolín a partir do granito e das condicións que deron lugar, entre o Mioceno e o Holoceno, aos xacementos de caolín da zona e, nesta liña, descubriremos as evidencias do aproveitamento destes caolíns desde o Neolítico e durante a cultura castrexa”, recalcan.  

 A actividade celebrarase este domingo día 12 de maio no Monte Santa Trega. 

 As inscricións están xa pechadas.  

 Ás 11:30h do domingo realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos. 

 O Centro de Interpretación das Fortalezas no recinto fortificado de Santa Cruz acolle a xposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

 Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50 € ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario